Información
Pontevedra

Tomiño e Cerveira dan un paso máis na cooperación transfronteiriza coa creación dunha Eurocidade

Información
25 Mayo 2018 674 votos

tomino cerveiraO pleno aprobou por unanimidade este "proxecto de futuro" que busca dar un paso máis na xestión compartida de equipamentos e servizos públicos, dando prioridade á participación cidadá

Tomiño, 25 de maio de 2018.- O Concello de Tomiño vén de aprobar en pleno e por unanimidade a ‘Constitución da Eurocidade Cerveira-Tomiño’, "un proxecto de futuro" co que se busca seguir avanzando na actual cooperación transfronteiriza e na xestión compartida de equipamentos e servizos. "Trátase dun paso importantísimo para os dous municipios e dende o Concello agradecemos ese voto de confianza, ese apoio unánime a esta iniciativa, xa que non é soamente un acordo para algo puntual, senón un proxecto de futuro que beneficiará en moitos aspectos a ambos os dous municipios", explicou Sandra González, alcaldesa de Tomiño.

 

Coa redacción deste documento para constituír unha Eurocidade conxunta entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira o goberno municipal segue a traballar man a man cos seus veciños portugueses para facilitar a vida da cidadanía nas dúas beiras do río. Para conseguilo formalizarase un convenio que recolla a nova denominación de Eurocidade Cerveira-Tomiño para promover de forma conxunta a cooperación institucional, a valorización do patrimonio natural e cultural, a xestión compartida de equipamentos e servizos públicos ou o planeamento estratéxico do territorio, ente outros aspectos.

Desde a súa posta en marcha, a cooperación transfronteiriza entre Tomiño e Cerveira ten como prioridade a participación pública e activa da cidadanía. En 2014 ambos os dous municipios subscribiron a ‘Carta da Amizade’, un documento que recoñecía esta cooperación territorial como un dos medios máis eficaces para a aproximación das poboacións fronteirizas, a supresión das dificultades que implican todas as fronteiras e a promoción do desenvolvemento económico, social e cultural.

Con este obxectivo, ambos os dous municipios levan anos sacando adiante iniciativas conxuntas como a figura da Valedora Transfronteiriza ou o Orzamento Participativo Transfronteirizo, enmarcado nun proxecto cofinanciado ao 75% polo Programa INTERREG VA POCTEP, con fondos FEDER da Unión Europea.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi