Información

A Escola de Cantería da Deputación elabora as estatuíllas para os premios do VIFFI O Festival de Cine Inclusivo

Información
XornalGalicia 29 Abril 2018 408 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
Festival Cine Inclusivo

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, asinou esta mañá o convenio de colaboración con Gonzalo Suárez, presidente de AGAIN, por medio do cal a Escola de Cantería da institución cede ao VIIFF, Festival de Cine Inclusivo de Vigo, as estatuíllas para os seus premios á mellor curtametraxe elixida polo xurado, á mellor elixida polo público e ao mellor documental seleccionado polo xurado. Silva aproveitou a ocasión para felicitar e facer un recoñecemento a AGAIN e poñer en valor actuacións como esta, "promovida pola sociedade civil para construír un mundo mellor".

 

O festival VIIFF, único en Galicia, terá lugar entre o 2 e 5 de maio de xeito gratuíto en Vigo. O seu principal obxectivo, tal e como destacou a presidenta da Deputación, é que "todas as persoas, con calquera tipo de disfuncionalidade, teñan visibildiade e poidan acadar presenza sen ningún tipo de exclusións". Neste eido, Carmela Silva fixo fincapé na necesidade de recoñecer a diferenza xa que "soamente recoñecéndoa, que todas e todos somos diferentes, se pode acadar unha sociedade igualitaria e nesta mundo que se chama avanzado, do século XXI, aínda quedan moitos atrancos por superar e moito que facer pola igualdade das persoas".

Pola súa banda, o presidente de AGAIN, Gonzalo Suárez, agradeceu á Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra "o seu traballo con estas estatuíllas que imos entregar como premios que representan a esencia do festival: a inclusión. Nelas podemos ver o ollo, as orellas, as mans e a cámara porque co VIIFF o que queremos é achegar a sétima arte a todas as persoas, independentemente das súas diferenzas, eliminando as barreiras audiovisuais e físicas para que todos os espectadores e espectadoras con algunha diversidade poidan gozar do cinema".

O VIIFF ten tamén por obxectivos visibilizar a diversidade a través da pantalla e do propio evento en si. Deste xeito, proxectaranse documentais para dar a coñecer diversidades como son o autismo ou o síndrome de fatiga crónica.  Amais, o festival completarase cun espazo de reflexión e debate arredor da diversidade funcional, achegando tamén o audiovisual como modo de empoderamento aos diferentes colectivos.

Este ano, como novidade, o VIIFF vai traballar cos centros escolares a través da proxección en sesións matinais da serie de Netflix "Atypical" protagonizada por un mozo con autismo.  Deste xeito, tal e como destacou Suárez, pretendemos que as mozas e os mozos "aprendan a convivir e a respectar, porque todas e todos somos iguais".

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi