Información
Pontevedra

Carmela Silva reconoce o inmenso traballo feito polos servizos contraincendios do consorcio provincial

Información
10 Mayo 2016 8278 votos

A Presidenta da Deputación mostrou o seu apoio ao presidente de Fandicosta e os seus traballadores

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, quixo hoxe, na súa visita á fábrica de Fandicosta en Moaña, mostrar o seu recoñecemento aos traballadores e traballadoras dos servizos contraincendios do consorcio provincial polo operativo desenvolvido dende a tarde de onte luns. "Temos que estar moi orgullosos polo traballo feito por todos os implicados no operativo desenvolto polo consorcio provincial contraincendios e felicitar a todos os traballadores e o seu novo xerente", subliño a Presidenta

Carmela Silva acudiu hoxe xunto á alcaldesa de Moaña, Leticia Costas, e os deputados provinciais, Carlos Font e Xosé Leal, ate a factoría de Fandicosta para coñecer a situación real. Silva mostrouse impactada polo efecto devastador do lume nas instalacións da empresa pesqueira  que na tarde do luns rexistrou  un incendio de grandes proporcións.

A Presidenta da Deputación mantivo un encontro co presidente de Fandicosta, Angel Martínez, ao que transmitiu que "dende as administracións estaremos ao carón da empresa e dos seus traballadores". Martínez transmitiulle a Carmela Silva a intención da empresa de manter a actividade, o emprego e  recuperar a produción en canto sexa posible. Para a Presidenta as intencións da empresa son unha gran noticia xa que garantizará o mantemento da actividade e do emprego dunha das grandes empresas do sector pesqueiro da comarca viguesa.

Silva tamén poido falar con algunhas das traballadoras, maioritarias na plantilla de Fandicosta,  que acudiron hoxe ate a fábrica para interesarse  pola situación das instalacións e o efecto do lume nos seus postos de traballo.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....