A Deputación de Pontevedra mantén que é urxente modificar o sistema de xestión orquestado polo PPdeG ante as emerxencias na provincia

XornalGalicia  18 Julio 2017  6516 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Carlos López Font asegurou hoxe que o Consorcio Provincial de Prestación do Servizo de Extinción de Incendios actuou seguindo todos os protocolos no incendio dunha carpintería o pasado sábado na parroquia de Tenorio no Concello de Cerdedo-Cotobade. López Font compareceu en rolda de prensa xunto o xerente do Consorcio, Roberto Jorge, para explicar todos os detalles sobre o acontecido o pasado sábado e respostar as críticas vertidas por algún responsable político.

 

O deputado provincial quixo, en primeiro lugar, mostrar a solidariedade do Goberno provincial coa familia afectada polo incendio da súa empresa e da casa e tamén do bombeiro lesionado na extinción por un golpe de calor. En segundo lugar, López Font recalcou que a actuación neste suceso cumpriuse co protocolo establecido tras o incendio na nave de Fandicosta en Moaña que establece os tempos e os medios ante os incendios.

Non obstante o deputado provincial tamén recordou que desde a Deputación de Pontevedra vense reclamando un novo modelo na xestión das emerxencias. "Temos que recoñecer que é necesario mudar o modelo que temos na actualidade e implantar un en base as isocronas (tempo de resposta polas distancias). O que é claro é que desde Ribadumia a Cotobade se tarda o que se tarda como desde Pontevedra se tarda o que se tarda ate Madrid".  López Font subliñou que a Deputación de Pontevedra presentou ante o pleno do consorcio, formado ao cincuenta por cento pola Xunta e a institución provincial, un estudo para variar o modelo de xestión baseado nas isócronas e que acordouse crear una comisión técnica para o seu estudo. "A Deputación nomeou os seus técnicos para esta comisión no pasado mes de maio pero desde a Xunta nos dixeron que estaban avaliando facer os cambios nos servizos de emerxencias a nivel de toda Galicia, algo que podemos entender, pero no caso da provincia de Pontevedra temos que actuar con urxencia como o demostran estes incendios".

López Font recalcou que hoxe mesmo vaise remitir un escrito ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, para reclamar a urxencia de acometer este cambio no modelo de xestión "porque desde que chegamos ao Goberno provincial analizamos e aportamos o noso estudo  para pedir un cambio do sistema".

Por outra parte, o deputado provincial foi contundente na súa resposta as declaracións do delegado da Xunta na provincia de Pontevedra, Cores Tourís, "que me parecen politicamente deplorables por que ademais é membro do Consorcio Provincial de Extinción de Incendios en representación da Xunta, e neste tema temos que navegar e remar todos xuntos, polo que pídolle que rectifique e sepa estar a altura".

Pola súa banda, o xerente do Consorcio Provincial para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, Roberto Jorge, asegurou que todas as persoas do consorcio encargadas da extinción do lume "fixeron un traballo de coordinación encomiable".

Máis polo miúdo Jorge relatou que dous minutos despois de recibir a chamada do servizo do 112 alertando do incendio, ás 19.30, xa estaban mobilizados os efectivos, a dotación de garda e o xefe de intervención do parque de Ribadumia. Dous minutos despois, ás 19.32, o xefe de intervención tiña xa avisado ao parque do Morrazo que se atopaba nunha intervención en Cangas.

Segundo asegurou Jorge, ás 20:00 horas o parque do Morrazo desprázase a Cerdedo-Cotobade onde xa ás 20.05 estaban a traballar efectivos do parque de Ribadumia. O que se atoparon en Tenorio foi unha grande carga de combustible, debido a que o espazo que estaba a arder era unha carpintería. Precisamente por este feito decídese seguir o protocolo e manter tamén en preaviso ao parque do Porriño.

Ás 20.46 chegan ata o lugar dos feitos efectivos do parque do Morrazo que, xunto aos de Ribadumia, estiveron traballando na extinción do lume podendo evitar que este se desprazase a naves próximas. Pouco tempo despois, ás 21:00 horas, un dos bombeiros de Ribadumia sofre un golpe de calor e efectivos sanitarios desprázano cara o Hospital Montecelo onde se lle deu a alta sobre as 2:00 da madrugada.

Sobre as 4:30 horas, e tendo en conta que soamente quedaba por retirar escombro, retíranse os efectivos do parque do Morrazo e mantéñense os de Ribadumia ata as 14:00 horas que se levanta o operativo.

En total, tal e como afirmou o xerente do Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, Roberto Jorge, mobilizáronse 10 efectivos e 7 vehículos para traballar na extinción do incendio de Cerdedo-Cotobade.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...