Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
Os técnicos da firma Citania Arqueoloxía trasládanse mañá, xoves a Bamio para executar o proxecto de conservación, restauración e posta en valor do conxunto dos petróglifos dos Ballotes e Meadelo.Os traballos desenvolveranse durante varias semanas e consistirán nunha coidadosa limpeza e tratamento das rochas nas que se atopan os gravados, a elaboración dun itinerarios, a elaboración e colocación de paneis informativos e a posterior realización de actividades de divulgación da relevancia e significado do conxunto de arte rupestre.
10.05.2017.- Este proxecto enmárcase na política que está a seguir o goberno para conservar, potenciar e divulgar o patrimonio histórico e arqueolóxico de Vilagarcía e que xa se está a desenvolvendo no xacemento do Castro de Alobre e a súa contorna.
Con esta actuación o Concello pretende revalorizar o valioso conxunto de arte rupestre existente na parroquia de Bamio dende hai máis de 4.000 anos. No variado conxunto de gravados nas pedras dos Ballotes e Meadelos atópanse presentes unha gran parte da iconografía rupestre galega, dominando a presenza de círculos concéntricos, cérvidos e équidos de gran realismo -destacando una posible escena de equitación-, así como a presenza de motivos complementarios como cazoletas e outros indeterminados.
O custe do proxecto de restauración e posta en valor dos petróglifos de Bamio ascende a 23.000 euros que se fináncianse cunha achega da Deputación de 18.000 euros máis unha achega municipal de 5.000 euros.
Actuación
A primeira liña de actuación prevista neste proxecto e a máis urxente consiste na limpeza das rochas que conteñen os gravados xa que neste momento presentan colonización biótica e unha presenza importante de vexetación sobre a súa superficie que ademais de impedir a correcta visualización dos petróglifos, precisa ser retirada para evitar danos irreparables nos mesmos.
Nun segundo estadio do proxecto prevese deseñar un itinerario guiado para facilitar as visitas e comprensión do xacemento rupestre. Será un percorrido totalmente accesible que permita regular as visitas e que os visitantes perciban e contemplen os gravados de xeito sostible. Deste xeito evítase o risco do pisado das rochas e tamén a utilización de métodos máis agresivos para a percepción dos debuxos, como o pintado con xices.
Para que o visitante dispoña de toda a información necesaria sobre os petróglifos de Os Ballotes e Meadelos, reporase e actualizarase o panel de benvida no que se inicia a ruta e colocaranse sinais ao pé de cada coa representación de cada gravado para facilitar a localización e interpretación do mesmo sobre a pedra.
A actuación de limpeza das rocas só se realizará nas asentadas en terreos municipais, aínda que o itinerario incluirá información e sinais do resto do conxunto.
Finalmente, e de igual importancia que o anterior, levarase a cabo un programa de divulgación e difusión dos petróglifos de Bamio mediante accións a través dos medios de comunicación, visitas guiadas e elaborarase unha audio guía que será accesíbel para todo o mundo a través dos códigos QRs incluídos en todos os paneis e sinais do xacemento arqueolóxico.
Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...