Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Este ano por primeira vez se reservaron máis de 400 prazas gratuítas para esta iniciativa da Deputación de Pontevedra de envellecemento activo

O programa "Depotermal" da Deputación de Pontevedra rematou esta semana co último grupo de persoas maiores da provincia que se achegaron a distintos establecementos termais e que tivo por obxectivos o fomento do envellecemento activo e a mellora da calidade de vida das persoas maiores da provincia de Pontevedra.

En total, foron máis de 4.000 (4.286) as persoas que se beneficiaron este programa, procedentes de 51 concellos da provincia. A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, resaltou que "esta iniciativa, que desenvolveu o servizo de Cohesión Social e Xuventude da institución provincial, é unha mostra máis do compromiso que ten este Goberno provincial pola construción dunha sociedade xusta e na que se garante a igualdade de oportunidades". Isto é así porque, lembrou Carmela Silva, "por primeira vez as persoas sen recursos, as mulleres e os homes con problemas económicos, puideron ter acceso a este programa tan importante, mentres que antes unicamente podían acceder as persoas que podían pagar. Ademais estamos encantados co incremento da participación, un 15% máis que o ano pasado". De feito, por primeira vez este ano, reserváronse 434 prazas a persoas con dificultades económicas ou en risco de exclusión, que antes non podían acceder ao programa por motivos económicos.

No caso de "Depotermal", "inclúese tanto unha aposta polo termalismo como polo fomento do respiro familiar, que non entende de diferenzas entre persoas, ademais da inclusión de persoas con poucos recursos económicos, que é moito máis que un compromiso político senón que é unha cuestión de humanidade". O programa de termalismo social pretendeu, á vez, ser un plan dinamizador da economía provincial, impulsando a creación e mantemento dos postos de emprego no sector turístico durante os períodos de menor actividade. Cunha achega de máis de 100.000 €, "Depotermal" contou con dúas variedades: a de asistencia diaria a balnearios durante cinco mañás ou tardes consecutivas e, pola outra banda, a de pernocta en réxime de pensión completa.

Os balnearios nos que se desenvolveu "Depotermal" foron os de Termas en Cuntis, Eurostars Isla de la Toja (Talaso) no Grove, Palacio da Auga Balneario de Mondariz-Balneario, Hotel Talaso Atlántico en Oia, Hotel Nuevo Astur Spa en Vilalonga (Sanxenxo), Norat Marina & Spa no Grove, Hotel Spa Norat Torre do Deza en Lalín e Spa Via argentum en Silleda, en modalidade diurna. Pola contra, os balnearios escollidos para a modalidade de pernocta foron o Hotel Balneario de Mondariz-Balneario, o Gran Hotel Talaso en Sanxenxo, o Hotel Spa Carlos I en Sanxenxo, o Hotel Termas en Cuntis, o Hotel Talaso Atlántico en Oia, o Talaso Hotel Louxo A Toxa no Grove, o Hotel Spa Norat Torre do Deza en Lalín e, por último, o Hotel Nuevo Astur Spa en Vilalonga (Sanxenxo).

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Comenza o curso nos colexios de A Coruña e seguen sen arranxar os problemas do amianto, Xulio Ferreiro mira para outro lado, favorecendo subvencións para arranxar os do estadio de Riazor onde parece ser ten mais intereses personais

Domingo, 10 Septiembre 2017
Comenza o curso nos colexios de A Coruña e seguen sen arranxar os problemas do amianto, Xulio Ferreiro mira para outro lado, favorecendo subvencións para arranxar os do estadio de Riazor onde parece ser ten mais intereses personais

  Xulio Ferreiro conocía perfectamente los peligros del Amianto en el Colegio Ramón de la Sagra pero prefirió mirar para otro lado dejando el peligro permanentemente.  30.05.2017 | El presupuesto...