Información
Pontevedra

Castelao será boa xustificación para Carmen Silva no destrago de moreas de cartos públicos dos ciudadans e das familias desfavorecidas, en 2.000 bolsas, 25.000 envoltorios para o pan e 75.000 panos de mesa de papel

Información
25 Noviembre 2016 5365 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O concelleiro de Comercio, Marcelino Coto, o responsable da Área de Cultura da Deputación de Pontevedra, Xosé Leal, e a presidenta da Asociación de Comerciantes do Porriño (ACIPOR), presentaron  este xoves  o Ano Castelao no comercio, posta en marcha por ACIPOR e apoiada polo Concello e a Deputación. A maioría dos fondos públicos se "fugan" en chiringuitos de tipo político e nos clubs de deportes dando continuidade a desastrosa xestión de Rafael Louzán...Mentres os desfavorecidos seguiran durmindo na rúa e de panfleto para xustificar non se sabe ven qué...?

Nos vindeiros días os establecementos do Porriño entregarán 2.000 bolsas, 25.000 envoltorios para o pan e 75.000 panos de mesa con debuxos do xenial médico, dramaturgo, escritor, político, pintor e ilustrador de Rianxo ao lémbrase este 2016 polo centenario da súa chegada á provincia, o 75 da estrea da súa obra teatral ‘Os vellos non deben de namorarse', o Día das Artes Galegas, adicado a él e o 130 aniversario do seu nacemento.

Marcelino Coto agradeceu aos comerciantes locais esta iniciativa e subliñou a oportunidade de que a figura de Alfonso Castelao, en concreto, e a cultura, en xeral, cheguen a todos os cidadáns nun acto tan cotiá como ir a buscar o pan ou mercar nun establecemento. "Como non podía ser doutro xeito, o Concello tiña que colaborar con ACIPOR, que volve a amosar a súa entrega e entusiasmo en todo o que fai".

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Un total de 32 espectáculos e máis de 300 profesionais concorren...

A Semana das Industrias Culturais e Creativas, organizada...

Os orzamentos do 2018 recolleron unha suba que apenas supuxo 20...


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...