Información
Pontevedra

Un total de 105 proxectos de toda a provincia veñen de ser aprobados ao abeiro da liña de axudas a entidades para dinamización do galego

Información
13 Septiembre 2016 4928 Votos

Unha liña de axudas que o organismo provincial convocou, a través do departamento de Cultura e Lingua, por primeira vez neste exercicio. Segundo explicou o deputado responsable desta área, Xosé Leal, "o que pretendemos con estas axudas é que sirvan de berce para iniciativas novas e que ao mesmo tempo reforcen proxectos de longo percorrido". Leal salientou especialmente "a diversidade de proxectos que se presentaron, que era un pouco o que pretendiamos, non circunscribirnos só á cultura senón abrilas a outros ámbitos, de xeito transversal, como pode ser por exemplo o sector do comercio". 

O deputado tamén aproveitou para poñer en valor outras actividades do seu departamento coas que, segundo explicou "se complementa a aposta que esta nova Deputación está a facer pola nosa lingua". Mencionou as axudas para servizos lingüísticos e dinamización do galego dirixidas a concellos, a través das cales se apoiaron solicitudes de 36 concellos e dunha entidade menor, e outros eventos como o Correlingua e a colaboración con diversas actividades da Real Academia Galega, e que en total suman 470.000 euros neste exercicio. "Isto vén dar mostra da nosa aposta pola promoción do galego, que ademais é un dos acordos recollidos no pacto de goberno, e coa que tratamos de defender o idioma e promover o seu uso tanto na propia institución como entre a cidadanía, neste caso a través dos concellos e das entidades" sinalou Leal. Tamén anunciou que estas iniciativas a prol da lingua se consolidarán nos vindeiros anos.  

As axudas a entidades para dinamización do galego contemplan catro apartados: Certames literarios, xornalísticos e teatrais; Festivais de música; Accións de fomento do galego na cultura, comercio e novas tecnoloxías; e Recoñecementos a persoas e colectivos que aposten pola lingua. 

No primeiro apartado foron aprobados 24 proxectos por un total de 55.124,70 euros (o 20% do total). Nesta liña, Leal destacou especialmente o apoio que recibiron certames xa consolidados e de gran implantación na provincia como son o XXX Festival da Poesía do Condado que recibiu unha achega de 7.129 euros, a XXXIII Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas con 7.000 euros, e o Certame literario 'O Grelo' con 6.379 euros.  

No apartado de Festivais de Música apoiáronse 31 proxectos por un importe total de 85.840,71 euros (o 31% do total). Neste eido, o deputado destacou dúas iniciativas concretas. Dunha banda, o Armadiña Rock con 8.257 euros, por incluír un cartel de grupos nos que predominou a música en galego e por realizar todas as demais actividades paralelas da programación e a promoción en galego. En segundo lugar, destacou a adaptación a galego do Concerto de Carmina Burana, realizada pola Asociación Cultural Musival de Valga, para o que se lle concederon 6.16o euros. "Á marxe da axuda económica, gustaríame destacar a importancia de adaptar a evolución dun clásico do latín medieval ao galego e que non vai quedar só na provincia, xa que unha vez que o teñen deseñado poden promovelo por todo o país".

No terceiro apartado o número de proxectos ascende a 44 e o importe total a 126.445,02 euros (o 46% do total). Nesta liña salientou especialmente os proxectos de divulgación etnográfica e histórica, como o documental sobre o Entroido de Cobres, Vilaboa, con 8.257 euros, e os proxectos de dinamización da lingua presentados por entidades empresariais e do comercio do Morrazo, Porriño, Redondela, Vigo e Vilagarcía, que suman 43.688 euros. "Predominan as campañas para promover a compra en galego e iso parécenos especialmente interesante porque o sector do comercio e da industria ten un gran impacto sobre a sociedade, sobre todo o pequeno comercio, pola súa proximidade coa veciñanza da cada lugar". 

Por último no apartado dedicado a recoñecementos a persoas e colectivos foron aprobados 6 proxectos por 7.588,52 euros (o 1% do total). Nesta liña todas as iniciativas xiraron ao redor da figura de Manuel María, persoeiro ao que se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas. Neste apartado destacou o concerto didáctico músico poético realizado pola Escola de Música de Vilaboa nos centros educativos deste concello. 

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

Xornal Galicia presenta denuncia en la Comisaría de Policía contra María del Mar Sánchez Sierra “Secretaria de Medios y Asesora de Feijóo” por el uso de fondos públicos para financiar plagios y derechos intelectuales de medios de comunicación. (+)

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi