Información
Ourense

Baltar afirma en campaña electoral que a Deputación de Ourense aboará o 100 % do soldo aos seus empregados públicos desde o primeiro día das súas baixas médicas

Información
15 Marzo 2019 302 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Segundo confirmou hoxe Jorge Pumar, vicepresidente segundo da Deputación de Ourense e deputado delegado de Administración Provincial, a retribución complementaria das situacións de incapacidade temporal introducida no artigo 6 da Lei 3/2018 de 26 de decembro, resulta de aplicación á Deputación Provincial de Ourense.

 

O informe técnico elaborado ao respecto sinala que o artigo 6 da Lei 3/2018 de 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas de Galicia, modificou o artigo 146.3 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, e a nova redacción explicita que as administracións públicas incluídas no ámbito de aplicación da presente lei aboarán o complemento retributivo desde o primeiro día en situación de incapacidade temporal, acreditada, por enfermidade que, sumado á prestación do réxime xeral da Seguridade Social, acade o 100% das retribucións fixas do mes do inicio da incapacidade temporal.

Desta maneira, con efectos do 1 de xaneiro de 2019 o réxime de retribución complementaria de incapacidade temporal do persoal ao servizo da Deputación de Ourense (e igualmente do Inorde, do Consorcio de Augas de Valdeorras e do Consorcio Provincial de Ourense para o Servizo contra Incendios e de Salvamento) é o establecido polo artigo 146.3 da Lei do Emprego Público de Galicia na redacción dada pola Lei 2/2018, de 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas da Comunidade Autónoma de Galicia. Dito réxime é de aplicación automática, sen que proceda a negociación colectiva ao respecto.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

El próximo sábado 27 de Abril de 2019 a las 15.00 horas arrancará...

Preto de 20 colectivos galegos responderon ao chamado da...

lineaazul 1600