Información
Ourense

En Marea denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente a contaminación da comarca da Limia polos xurros

Información
14 Marzo 2019 391 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

fiscalia xurros limiaEn Marea denunciou este xoves ante a Fiscalía de Medio Ambiente da provincia de Ourense o problema ao que está sometida a comarca da Limia por mor da produción gandeira en intensivo e polos residuos que está a xerar. “A Xunta de Galicia, a través das consellerías de  ten que darlle Medio Rural e Medio Ambiente ten que darlle solución a este problema”, considerou o deputado no Parlamento Davide Rodríguez, quen estivo acompañado polo candidato de En Marea ao Congreso por Ourense, iván Olmos e polo membro do Movemento Ecoloxista da Limia, Manuel García.
 


Davide Rodríguez anunciou a petición de documentación á Xunta que será aportada ás dilixencias que vai abrir a fiscalía. “Esa documentación é relativa ás medidas que a consellería tomou con respecto ás esterqueiras, aos envases dos produtos que están aparecendo ciscados por toda A Limia, e ás empresas que están a reciclar os xurros que se xeran en toda a provincia. Non sabemos que están a facer con eles”, indicou. 
 
No tocante ás medidas a tomar, o deputado de En Marea solicitou a apertura dunha investigación para depurar responsabilidades sobre a contaminación das augas da comarca, a publicación dun decreto de obrigado cumprimento para regular estes residuos agrogandeiros, a posta en funcionamento dunha planta de tratamento que leva anos pechada e que se fixo con fondos europeos, a elaboración dun censo actualizado sobre a carga gandeira que soporta A Limia, a ordenación das explotacións existentes, unha revisión das superficies asociadas  ao retiro dos xurros para ser adecuadas ao tamaño das propias explotacións e un control exhaustivo das empresas de transporte. “Non imos en contra de ningunha empresa, pero si deste modelo de produción e das políticas agroambientais que vén desenvolvendo a Xunta de Galicia”, afirmou Rodríguez. 
 
Pola súa banda, Iván Olmos apuntou que “temos que esixirlle ao Goberno do Estado que haxa máis fondos públicos adicados á xestión de residuos. O orzamento destinado a esta materia foi recortado nos últimos anos e deben aumentarse os recursos para que as Comunidades Autónomas poidan xestionar mellor os residuos e protexer as zonas que están sendo altamente contaminadas".

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

El próximo sábado 27 de Abril de 2019 a las 15.00 horas arrancará...

Preto de 20 colectivos galegos responderon ao chamado da...

lineaazul 1600