Información
Ourense

Alfonso Rodríguez Castelao, chegou esta mañá á capital ourensá

Información
06 Marzo 2019 231 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

  • A derradeira leición do mestre, obra pictórica icónica do intelectual e galeguista Alfonso Rodríguez Castelao, chegou esta mañá á capital ourensá e foi recibida no Pazo Provincial polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, quen cualifica de "fito histórico" a exposición que mañá se inaugura "contando co Guernica galego na nosa provincia".

Ourense, 6 de marzo de 2019.- A derradeira leición do mestre, obra pictórica icónica do intelectual e galeguista Alfonso Rodríguez Castelao, chegou esta mañá a Ourense. Foi recibida polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, no Pazo Provincial, nas dependencias da antiga biblioteca provincial, situada nos baixos do edificio, onde mañá pola tarde se inaugura a exposición "Castelao e Prada: Irmaus!", irmandando así a estes referentes do galeguismo, Castelao e Rodolfo Prada, nunha mostra única que suporá unha homenaxe aos dous intelectuais galeguistas.

No acto de recepción, Baltar estivo acompañado polo presidente do Centro Galicia de Bos Aires, José María Vila Alén, "quen trae un cadro icónico para Galicia, o que poderíamos denominar o "Guernica galego", A derradeira leición do mestre, obra que foi pintada por indicación e co beneplácito dun ourensán universal como Rodolfo Prada, albacea testamentario de Castelao".

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

As entradas sairán á venda en próximas datas cun prezo que...

Celebrarase do 5 ao 29 de abril nos restaurantes, ao igual que...

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

lineaazul 1600