Información
Ourense

Baltar patrocina a reivindicación o Día da Galicia Mártir... ¿ Se enfadará Feijóo ?

Información
05 Marzo 2019 245 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

  • O vicepresidente da entidade, Valentín García Bóveda, neto do ilustre galeguista fusilado en 1936, entrevistouse hoxe co titular da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.

Ourense, 4 de marzo de 2019.- A Fundación "Alexandre Bóveda" reivindica o Día da Galicia Mártir. O vicepresidente desta entidade, Valentín García Bóveda, neto do ilustre galeguista fusilado en 1936, entrevistouse hoxe co titular da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e no transcurso da xuntanza, celebrada no despacho do presidente, no Pazo Provincial, Valentín García Bóveda trasladoulle o desexo de institucionalizar a data do 17 de agosto.

 

O 16 de agosto de 1942 os integrantes da Irmandade Galega (trasunto do Partido Galeguista en América), encabezados por Castelao, celebraron por primeira vez no Centro Ourensano de Bos Aires, o Día dos Mártires Galegos.

Naquel acto, organizado por Rodolfo Prada, para conmemorar o fusilamento de Alexandre Bóveda, acaecido tras un xuízo farsa, o 17 de agosto de 1936, Castelao entregoulle un debuxo seu do rostro do seu amigo e correlixionario, a quen consideraba "o meu irmán menor" ó escultor galego, residente na capital porteña, Domingo Maza. A partir daquel deseño, o artista encargouse da realización dun busto de bronce que sería presentado, no mesmo Centro Ourensano, tres anos despois, en 1945, xunto co cadro de Castelao, A derradeira leición do mestre, actualmente en Galicia e que será exposto en Ourense, a solicitude da Deputación, a partir do vindeiro xoves, 7 de marzo.

No actual contexto e amparado na vixente Lei da Memoria, a Fundación Bóveda trasladoulle a Manuel Baltar o desexo de que a apertura da mostra do emblemático lenzo en Ourense, na que participará Amalia Bóveda Álvarez, única filla viva do ourensán Alexandre Bóveda, declarado fillo ilustre pola corporación provincial en 2002, sirva para retomar a institucionalización dunha data "que atinxe por igual a todas as forzas políticas galegas e que, por riba de todo, debe valer para preservar a memoria e evitar os erros do pasado".

Na entrevista de hoxe, o vicepresidente da fundación e o presidente da Deputación, analizaron outras posibles vías de colaboración encamiñadas a unha maior presenza do enorme labor desenvolvido "por un galeguista profundamente cristián, que loitou pola autonomía e que foi o redactor dos capítulos económicos do Estatuto plebiscitado o 26 de xuño de 1936".

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Preto de 20 colectivos galegos responderon ao chamado da...

"Ourense convértese nestes días na capital nacional das ciencias...

Na primeira xornada imos festexar o Día Internacional dda...

Os versos de Salvador García-Bodaño (Vigo, 1935) encherán este...

lineaazul 1600