Información
Ourense

Ourense en Común pide que Ourense deixe de ser a única cidade galega que non publica os seus contratos menores

Información
27 Febrero 2019 213 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
O Consello de Contas xa advertiu sobre os defectos e falta de transparencia na tramitación de contratos no concello de Ourense.
•    O PP leva un ano desobedecendo a nova Lei de Contratos, en vigor desde o 9 de marzo de 2018.
•    Ourense en Común encara os últimos plenos da lexislatura “propoñendo e comprometendo medidas para acometer desde o primeiro minuto que cheguemos á alcaldía. Queremos transparencia".
 

[ESCOITAR AUDIO]        [DESCARGAR AUDIO]

Ourense, 27 de febreiro 2019
   
    Ás portas de que o 9 de marzo se cumpla un ano desde a entrada en vigor da nova Lei de Contratos do Sector Público, Ourense en Común insistirá no pleno do venres para que se difundan na páxina web do concello todas as ofertas de contratación, e especialmente aquelas para a adxudicación de contratos menores, buscando reforzar a transparencia na xestión do orzamento público municipal.

    Ourense en Común xa plantexara en 2016 esta proposta no pleno, adiantándose á entrada en vigor da Lei, defendendo a transparencia como “cuestión de vontade política”, pero os votos en contra do PP e a abstención do PSOE impediron que a moción fose aprobada.  “Agora xa é cuestión de cumprir coa Lei, e cumprir coa transparencia, como ferramenta útil e necesaria para combater o fraude na contratación pública”.

    Martiño Xosé Vázquez, voceiro do grupo, apunta ao artigo 8.1 da Lei, que “obriga  a TODAS as Administracións públicas a publicar TODOS os contratos, e o Concello de Ourense non é unha excepción, pero somos a única cidade de Galicia que incumpre. Co proceder anómalo do Partido Popular, o concello foi xa advertido polo Consello de Contas, e perdemos ata vinte puntos nos índices que miden a transparencia da xestión municipal para combater a corrupción”.

    Con esta moción o grupo continúa na liña  que xa anunciara para as últimas sesións plenarias, buscando “deixar avanzado o traballo” do próximo ciclo electoral, “para que o noso goberno empece a ser fructífero para os intereses da cidadanía desde o primeiro minuto en que entremos pola porta da alcaldía”.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

As entradas sairán á venda en próximas datas cun prezo que...

Celebrarase do 5 ao 29 de abril nos restaurantes, ao igual que...

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

lineaazul 1600