Información
Ourense

Ourense en Común denuncia que o PP se desfixo da Casa de Acollida, en mans da Xunta desde o verán

Información
20 Febrero 2019 221 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Sofía Godoy “vendeu por 50.000 €” o Servizo de Acollida de Mulleres Vítimas de Violencia Machista o mesmo día que o BOP publicaba o anuncio de contratación para a xestión do centro, que finalmente se declarou deserto.
•    En só un mes, o PP publicou un concurso de contratación, conveniou entre institucións o mantemento da casa, resolveu subvencións en favor da congregación relixiosa que presta o servizo, e declarou deserta a licitación.
•    Ourense en Común vén defendendo nestes anos a xestión directa municipal do centro. “A protección ás vítimas é unha obriga dos poderes públicos, este é un servizo de manifesta utilidade pública para a cidade. Debe prestarse desde o Concello”.
 

[ESCOITAR AUDIO]            [DESCARGAR AUDIO]

Ourense, 20 de febreiro 2019
   
    Ourense en Común poñía hoxe de manifesto “o engano artellado por Sofía Godoy e Jesús Vázquez en complicidade co goberno de Feijoo para ceder á Xunta de Galicia a Casa de Acollida de Vítimas de Violencia de Xénero”.

    O grupo denuncia que “o Partido Popular enganou a toda a cidadanía, simulando no mes de marzo un concurso de licitación namentres simultáneamente conveniaban a cesión do centro, e finxían despois normalidade no pleno posterior”, en referencia á sesión plenaria de maio de 2018 na que, a proposta de OUeC, se debatía a remunicipalización do servizo tras declararse deserto o concurso en abril e ás portas de que o contrato quedara a partir de xuño en precario.

    Montserrat Valencia facilitaba esta mañá o cronograma co que o PP executou o traspaso do centro (ver adxunto), e revela que o fixeron “en tempo récord e agochando a información”, malia a que “reiteradamente se lle vén preguntando” a Sofía Godoy en xuntas de área e no Consello Municipal de Igualdade polo funcionamento do servizo. “A falta de transparencia deste goberno é total, obstrúen a nosa labor fiscalizadora como oposición, convertémonos en investigadoras para chegar aos datos”, e sinala a Sofía Godoy como “o maior caso de incapacidade” no equipo de Jesús Vázquez, “sobrepasa todos os límites: cando non se agocha e deixa de comparecer nas xuntas de área, sae do paso a golpe de enganos namentres abandona e desmantela servizos, e permanentemente pon en risco o respaldo ás persoas máis vulnerables da nosa cidade.

    Desde o grupo aseguran que “seguiremos investigando nesta cuestión ata o final, e requiriremos a Concello e Xunta toda a documentación vencellada ao convenio asinado, os informes que o motivaran, e información detallada das condicións en que se presta o servizo desde entón”.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Preto de 20 colectivos galegos responderon ao chamado da...

"Ourense convértese nestes días na capital nacional das ciencias...

Na primeira xornada imos festexar o Día Internacional dda...

Os versos de Salvador García-Bodaño (Vigo, 1935) encherán este...

lineaazul 1600