Información
Ourense

Baltar participa na reunión da xunta de goberno da FEMP, que analiza as emendas aos Presupostos Xerais do Estado para 2019

Información
29 Enero 2019 206 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

  • Entre os temas figuran os relativos ao ámbito financeiro das entidades locais, vivenda, servizos sociais, igualdade, violencia de xénero, desenvolvemento sostible e transporte público.

Ourense, 29 de xaneiro de 2019.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou hoxe en Madrid na reunión da xunta de goberno da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), na que se analizaron as propostas de emendas que a FEMP presenta ao proxecto de lei de Presupostos Xerais do Estado para 2019. En total, son 23 emendas, referidas a Facenda, Fomento, Política territorial e función pública, Transición ecolóxica, Cultura e Deporte, Igualdade, e Servizos Sociais.

O maior número de emendas son as relativas ao ámbito financeiro e tributario das entidades locais e provinciais, con aspectos como o teito de gasto, investimentos, medidas de apoio a entidades locais con problemas financeiros, participación nos tributos do Estado e réxime de endebedamento das entidades locais. A emenda de Fomento é a relativa á nova achega do Estado á FEMP para o financiamento de actividades para rehabilitación e acceso á vivenda; e sobre política territorial, a FEMP fai fincapé nos fondos de financiamento para os municipios.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...

- Trátase da 4ª edición desta carreira de aventuras por equipos...

A secretaría das Mulleres da CIG presentou esta mañá, en...

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...