Información
Ourense

Comproban na estación de montaña de Cabeza de Manzaneda o funcionamento dos 29 canóns de produción de neve instalados

Información
18 Diciembre 2018 377 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Os canóns e o resto de actuacións permitirán mellorar a calidade das pistas e alongar a tempada de inverno para a práctica do esquí. Na visita estiveron os alcaldes de Trives e Manzaneda, Domingo Diéguez e Félix Domínguez, respectivamente, e o presidente da Federación Galega de Deportes de Inverno, Miguel Barreto, ademais dos encargados do proxecto de obra.

 

A novidade desta tempada

A instalación do novo sistema de neve artificial da estación de Montaña de Manzaneda é a gran novidade na estrea da tempada de esquí, que incrementa o atractivo e o potencial dun dos principais recursos do turismo invernal da comunidade galega. O proxecto impulsado entre Deputación de Ourense e Xunta de Galicia permitirá alongar os meses de apertura do recinto, atraendo máis público no inverno e consolidando unha infraestrutura máis atractiva e competitiva. "Trátase dun proxecto estratéxico para toda a comarca", subliñou o conselleiro, "que vai permitir a produción de neve a través dun proceso natural que asegura un estado óptimo para os usuarios da estación".

En total, instaláronse 29 canóns que permiten cubrir de neve as pistas principais da estación en 50 horas. Abarcan unha superficie de máis de 123.000 metros cadrados con tres capas de neve de, polo menos, 50 centímetros de espesor. A actuación busca aumentar o número de días nos que a estación estea aberta e operativa, ao tempo que mellora a calidade da neve, a oferta de servizos e a imaxe turística da zona, co seu correspondente impacto socioeconómico.

Xunto ao novo sistema de innivación introducíronse toda unha serie de melloras nas pistas, nos accesos e nas prestacións da estación. Así, habilitarase unha app para a venda de abonos a través dos teléfonos móbiles, acompañado de ferramentas para a reserva de equipos por internet ou a xestión de grupos, equipamentos e clases, entre outras iniciativas.

Román Rodríguez, "Ourense é unha provincia cunha serie de recursos que fan dela un destino singular e moi atractivo durante todo o ano". Neste sentido, salientou que está a ser a provincia galega cun maior crecemento en materia turística este ano. De feito, a falta de contabilizar os dous últimos meses, o número de turistas medrou xa un 5,7% e supera os 325.000, cun 4% máis de estranxeiros. O mesmo sucede coa cifra de pernoitas, cunha alza do 1,7% ata rozar as 620.000. Ademais, en eidos tan relevantes para Ourense como o turismo rural, o volume de viaxeiros estase a incrementar ata un 18%.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

El próximo sábado 27 de Abril de 2019 a las 15.00 horas arrancará...

Preto de 20 colectivos galegos responderon ao chamado da...

lineaazul 1600