Información
Ourense

"canfurnada" do PPdeG con Ourense ao querer aprobar o PXOM “en solitario, antes das eleccións e con todos os informes en contra”

Información
11 Diciembre 2018 301 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O PP omitiu intencionadamente remitir á intervención municipal a información completa. “Están levando o PXOM a un bucle que resolverán aprobando en solitario o Plan antes de rematar o ciclo electoral, para contentar aos especuladores inmobiliarios”.
•    O concelleiro do PP admite que en tres meses forzará a aprobación do PXOM en Xunta de Goberno Local, independentemente da fiscalización do interventor e evitando pasar polo pleno. “Deixarán de novo o futuro urbanístico da cidade cheo de incertidumes e sen seguridade xurídica”.


•    "As mesmas responsables de que Ourense teña a día de hoxe un plan do 86 queren cometer os mesmos erros. O afán especulador do PP pon en serio risco o urbanismo do Concello".

https://soundcloud.com/ourenseencomun/20181211-pxom[ESCOITAR AUDIO]        https://api.soundcloud.com/tracks/543409638/download?client_id=Iy5e1Ri4GTNgrafaXe4mLpmJLXbXEfBR[DESCARGAR AUDIO]
    “Un procedemento neglixente e carente por completo de seguridade xurídica”. Así cualificaba Ourense en Común as intencións do PP para o PXOM, logo de que o edil responsable de urbanismo revelara na xunta de área celebrada esta mañá o proceder previsto polo equipo de goberno de poñerlle un prazo de tres meses á intervención municipal -á que lle remitiron o expediente incompleto-, para seguidamente aprobar o Plan en solitario e a porta pechada, esquivando pasar polo pleno, como require o informe da secretaría municipal.

    Martiño X. Vázquez, voceiro do grupo, relata que “é a crónica dunha morte anunciada”, e sinala ao Partido Popular de “cometer os mesmos erros, e abrir de novo as portas a que o documento sexa recurrido perante a xustiza, como xa aconteceu co de 2003, do propio Partido Popular”.

    O grupo apunta a que “son as mesmas persoas responsables de que Ourense teña a día de hoxe un plan do ano 1986” e engaden que no PP “están desbocados, e nos minutos de desconto todo lles vale para contentar intereses privados e devolverlle a xestión urbanística da cidade aos especuladores inmobiliarios. Tunearon o PXOM, introduciron centos de modificacións con aumentos salvaxes no aproveitamento lucrativo do chan, e intentarán agora aprobalo facendo trampas, e de costas aos grupos da corporación, de costas á cidadanía”.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

As rúas de Ferreira acolleron durante a xornada de onte e hoxe...

Pablo Rivera Capón, o Concelleiro de Deportes de Lugo, Miguel...

23.03.2019. O club CastroBike, federado hai apenas 4 anos, conta...

Estimada lectora, estimado lector,

O 26 de marzo a Unión Europea...

lineaazul 1600