Información
Ourense

Baltar deu orden de cobrar 4 e 3 euros o prezo das entradas para as proxeccións do OUFF que xa esta subvencionado con fondos da Deputación de Ourense

Información
15 Noviembre 2018 196 votos

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou na reunión celebrada esta mañá a fixación dos prezos públicos polo acceso ás proxeccións do Festival de Cine de Ourense (OUFF), establecendo en 4 euros o custe da entrada para a sección oficial ou competitiva e en 3 euros para o resto de proxeccións. Así o informou a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao mércores 14 de novembro de 2018.

 

Continuando en materia cultural, na reunión aprobouse a ratificación do convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense, a Fundación Sotelo Blanco e o Concello de Castro Caldelas, para a posta en funcionamento do Museo Antropolóxico da Ribeira Sacra Olegario Sotelo Blanco, a través do cal a institución provincial concede unha axuda de 22.045 euros á Fundación Sotelo Blanco para esta finalidade. Así mesmo, na xuntanza aprobouse unha axuda de 9.150 euros para a Agrupación Musical da Limia, destinada a adquisición de equipamento musical para esta entidade.

No apartado de deportes, a Xunta de Goberno aprobou as bases reguladoras e a convocatoria da concesión de bonificación a entidades deportivas polo uso das instalacións do Pazo dos Deportes "Paco Paz" durante a tempada 2018-2019. As bonificacións nas tarifas polo uso do pavillón auxiliar e o principal concederanse trala solicitude dos interesados cando a actividade que alí se realice teña carácter de interese público, social, cultural ou deportivo e non sexa susceptible de reportarlle beneficios económicos ao solicitante.

O prazo para a presentación das solicitudes comezará a partir da publicación da convocatoria no BOP e rematará o 30 de novembro de 2018. En caso de tratarse de actividades puntuais ou extraordinarias, as solicitudes deberán presentarse mínimo unha semana antes do evento, con data límite ata o 1 de agosto de 2019.

Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou unha axuda de 8.000 euros para a Federación Galega de Atletismo da Coruña, para o Campionato de España SUB 20 Pista Cuberta 2018, celebrado nas instalacións de Expourense e, para a Real Federación Galega de Fútbol, aprobou unha axuda de 3.600 euros para as Escolas Deportivas 2018.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....