Información
Ourense

PSOE e Ourense en Común piden no pleno a dimisión do alcalde e a concelleira de persoal, polo enchufe do xefe de Recursos Humanos

Información
31 Octubre 2018 255 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Os grupos sinalan a Jesús Vázquez e Flora Moure como “responsables dun concurso feito a medida para colocar a un ex-edil do PP nun posto estratéxico co que seguir colocando a amizades e familiares
•    O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia determinou hai un mes a nulidade do  nomeamento de Rodríguez-Nóvoa, que sigue no cargo. “A actividade desta persoa pode rozar o delito e a prevaricación, e o goberno está consentindo que continúe


    
    Ourense en Común e o PsdeG-PSOE defenderán o próximo venres, na sesión plenaria do Concello, unha moción conxunta pola que exixen a dimisión do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, e da concelleira de Persoal e Recursos Humanos, Flora Moure, “como principais responsables políticos da contratación ilegal, ratificada e avalada como tal a instancias xudiciais, de Francisco Javier Rodríguez-Nóvoa como Xefe de Persoal e Recursos Humanos do Concello de Ourense dende 2016”.

    Ourense en Común xa solicitara a suspensión de Rodríguez-Nóvoa logo de coñecerse o pasado 20 de setembro a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se ratificaba a ditada anteriormente polo Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 2 de Ourense, que determinaba a nulidade do Decreto da Concelleira de Recursos Humanos, Flora Moure, do 7 de xullo de 2016, polo que se nomeaba a Francisco Javier Rodríguez-Novoa González, como Xefe do servizo de Recursos Humanos do Concello de Ourense.

    Montserrat Valencia, concelleira de Ourense en Común, alerta de que o alcalde e a súa concelleira de Persoal “simulan que non vai con eles, pero están dilatando os tempos intencionadamente, son os únicos responsables de que o seu enchufado continúe ocupando un posto estratéxico, e cómplices de que esta persoa siga manexando a política de contratacións no Concello de Ourense, a dedo para amigos e familiares. Calquera trámite que asine Rodríguez-Nóvoa estará viciado de sospeita e tanto o alcalde e Flora Moure serán tamén responsables. Mellor que marchen”.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...