Información
Ourense

Ourense en Común sinala de novo a “imparable morosidade" da xestión do PP no Concello de Ourense

Información
29 Octubre 2018 363 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Ourense en Común calificaba esta mañá como “unha vergoña” o estado da Tesourería Municipal, logo de coñecer que o Concello de Ourense ten máis de seis millóns e de euros pendentes de pago, cun retraso de 120 días “e subindo, cando o prazo que permite a lei é de só 30 días. 

    O grupo apunta á "nefasta xestión" do goberno de Jesús Vázquez, con Ana Morenza á fronte da área de Facenda, “non é capaz de aprobar uns orzamentos, nin de sacar novas contratacións, e as facturas acumúlanse na súa mesa. Convertiron ao Concello en moroso, afogando a economía das pequenas empresas que prestan servicios municipais”.

    Montserrat Valencia, edil do grupo, apunta a que o reiterado incumprimento do prazo legal de pago durante todo este 2018, que "desde xaneiro se disparou desde os 40 aos 119 días nos que estamos, require un plan de axuste para “corrixir a morosidade e evitar que o Ministerio de Facenda teña que intervir.

    Engaden que éinxente” a cantidade de facturas acumuladas por este goberno, e denuncian que sexa unha “práctica habitual tramitar servizos sen contrato, alongando máis aínda os trámites administrativos e contables”.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...