Información
Ourense

Ourense presenta en Brasil o seu Programa de Termalismo Social en Termatalia 2018

Información
13 Septiembre 2018 89 Votos

  • Ana Villarino participou na 18ª Feira Internacional do Turismo Termal, Saúde e Benestar que se está a celebrar do 12 ao 14 de setembro en Foz do Iguaçu.

A deputada provincial de Termalismo, Ana Villarino, participou en Termatalia 2018 que se está a desenvolver en Foz do Iguaçú, en Brasil, onde presentou o Programa de Termalismo Social da Deputación de Ourense.

A 18ª edición da Feira Internacional do Turismo Termal, Saúde e Benestar está a desenvolverse do 12 ao 14 de setembro baixo o lema "A enerxía das augas", reunindo durante eses días a 60 expertos procedentes de 18 países.

A deputada provincial de Termalismo animou a todos os asistentes a coñecer "o territorio de Europa con maior capacidade termal, Ourense", e lembrou que a nosa provincia será a sede da Asemblea da Rede Europea de Territorios Termais, a EHTTA, da que Manuel Baltar é vicepresidente, e que "reunirá no noso territorio a 13 nacións e a máis de 50 sitios termais, no mes de outubro".

"Este encontro, que converte a Foz do Iguaçu na capital mundial do termalismo, está organizado desde Ourense para o mundo, e nel poderemos comprobar as excelencias termais do mundo, converténdose nunha gran oportunidade para toda a sociedade", sinalou Ana Villarino, quen explicou aos asistentes o "Plan Termal Provincial", "proxecto que estamos a desenvolver e a executar, xunto con outras políticas propias innovadoras e pioneiras dentro do ámbito termal".

En España, "estamos a promover un pacto termal nacional que aglutine os intereses de balnearios, operadores turísticos, e por suposto, aos usuarios e aos propietarios de augas termais, sen esquecer o papel das administracións públicas. Este gran pacto Termal Nacional poderá ser empregado no futuro para que diferentes nacións de todo o mundo poidan tamén concordar uns mínimos nos que asentar os piares da política termal mundial", expuxo a deputada provincial de Termalismo.

Por outra banda, Ana Villarino participou na sesión sobre Turismo, Innovacións e Sostibilidade que se desenvolveu na xornada de onte e, en concreto, no panel dedicado ás Estratexias de Desenvolvemento de Destinos Internacionais de Turismo de Saúde e Benestar, onde explicou o Programa de Termalismo Social da Deputación de Ourense.

A través do programa de Termalismo Social, o goberno provincial, pon en marcha "Ourense, a provincia termal", que oferta estancias de 6 días/5 noites nos balnearios de Ourense en réxime de pensión completa, con 10 tratamentos termais e coa posibilidade de realizar o desprazamento en tren. "Trátase dun programa de termalismo saudable da Deputación de Ourense, unha estratexia de cooperación no ámbito público e o sector privado", destacou Ana Villarino.

Así mesmo, Ana Villarino explicou o plan termal provincial co que a Deputación de Ourense pretende "poñer en valor turístico os recursos naturais e culturais de Ourense, estruturando a oferta, os recursos e os servizos, de tal forma que conduzan á creación do destino "Ourense, provincia termal".

Termatalia fomentará o intercambio de experiencias entre distintos continentes, desde o punto de vista empresarial,

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi