Información
Ourense

O libro A Merca no Réxime Señorial (1750), de Avelino Sierra, recompila a historia deste municipio ourensá de fai máis dun cuarto de milenio converténdose nun recurso importante para coñecer o espazo, o tempo e a xente da Merca daquela época.

Información
25 Agosto 2018 1963 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Foto propiedad de www.galiciamaxica.eu - A presentación desta obra tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o autor do libro; o editor, Bieito Ledo; o concelleiro da Merca, Xosé M. Taín; e o autor do prólogo da publicación, Carlos Martínez.

A Deputación de Ourense colabora con esta publicación que recupera "a historia etnográfica e antropolóxica dun dos municipios da nosa provincia, e que será un libro de lectura obrigada para os veciños da Merca que poderán coñecer cómo vivían os seus antepasados a través deste estudo monográfico de Avelino Sierra", explicou Rosendo Fernández.

 

O autor do libro explicou que A Merca no Réxime Señorial (1750) é "un estudo sobre a situación xurídica, social, económica, cultural e relixiosa da Merca nunha época concreta, na metade do século XVIII, porque é onde temos un mínimo de fontes documentais para poder falar da vida da Merca e ademais podería ser extensible ao século XVII e a todo o século XVIII". Así mesmo, Avelino Sierra dixo que este libro que nace agora "foi concibido hai 52 anos e foi escrito co maior rigor histórico posible e con moito cariño. Para min foi unha gozada descubrir cómo vivían, sentían e rezaban os avós dos nosos avós de fai preto de 300 anos".

Pola súa parte, Bieito Ledo agradeceu a sensibilidade da Deputación de Ourense pola cultura e, en especial, polos libros que versan sobre esta provincia e explicou que esta publicación en concreto, "descubre as raíces de cómo vivían e cómo se relacionaban os habitantes da Merca durante ese período de hai máis de 250 anos" e dixo que a lectura do libro contribuirá a que a xente "valore máis como vivimos agora".

O concelleiro da Merca adiantou que no vindeiro mes presentarase esta publicación no seu municipio, "un libro que recoñece e estuda as costumes que ten o noso concello desde o século XVIII e que estou seguro de que lle vai a interesar a moita xente".

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...