Información
Ourense

Manifestan o seu rexeitamento ás practicas irresponsábeis e temerarias do PPdeG na Xunta-Sergas coas que dende a xerencia da EOXI tratan a poboación da Comarca de Valdeorras

Información
09 Agosto 2018 510 votos

A central sindical CIG-Saúde de o área/ distrito de Valdeorras manifesta o seu rexeitamento ás practicas irresponsábeis e temerarias coas que dende a xerencia da EOXI de Ourense tratan a poboación desta area sanitaria: Aos xa coñecidos peches de cama e falta de coberturas de persoal ou perda de servizos, uniuse agora a capacidade de admitir pola súa parte unha diminución estival de recursos de tal magnitude como a acontecida a semana pasada no centro de saúde de Viana do Bolo, onde dos tres médicos cos que habitualmente conta o centro so permaneceu cuberto un posto . Esta actuación provocou consultas de mais de 80 pacientes e de desprazamentos domiciliarios para unha soa facultativa nunha quenda de mañá, coa imposibilidade de atender axeitadamente a unha poboación incrementada coa chegada de veraneantes .

 

O rexeitamento deste tipo de prácticas e actuacións, e a defensa dos dereitos laborais dos traballadores e dos dereitos sanitarios dos pacientes exercida por esta central sindical,, está molestando aos xestores sanitarios da nosa EOXI, que xa chegaron a advertirnos que non temos a representación dos pacientes nin e a nosa función velar polos seus dereitos, e que polo tanto non debemos ocuparnos da situación das resonancias magnéticas nin listas de espera.

Dende esta central sindical advertimos que imos a seguir ocupándonos dos dereitos dos traballadores e traballadoras que é a nosa razón de ser, pero tamén dos pacientes e da súa merma de prestacións sanitarias, gústelle ou non á administración sanitaria.

Esiximos a resposta aos escritos pendentes de contestación e advertimos que non imos a tolerar manobras de obstrución para evitar o control das actividades e resultados sanitarios.

A saúde da poboación non é un negocio senón un dereito

O Barco a 7 de agosto de 2018

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi