Información

O alcalde de Ourense preséntalles aos grupos un Pacto Social histórico e inédito para blindar a asistencia social ás persoas máis vulnerables como mínimo ata 2025

Información
XornalGalicia 09 Mayo 2018 167 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Foto portavoces e AlcaldeEste Pacto Social estaría tutelado e dirixido por un equipo de traballo onde estarían integrados todos os grupos políticos

"Se nos importan as persoas e se as súas necesidades son a nosa máxima prioridade, é o momento de demostralo", dixo Jesús Vázquez Abad. "Agardamos o compromiso social dos grupos políticos e que asinen un documento que garantirá a prestación de servizos ás persoas que máis o precisen, goberne quen goberne"

O alcalde de Ourense vén de presentarlles aos grupos políticos un Pacto Social histórico e inédito na cidade para blindar a asistencia social ás persoas máis vulnerables como mínimo ata 2025. Este Pacto Social estaría tutelado e dirixido por un equipo de traballo onde estarían integrados todos os grupos políticos.

"Se nos importan as persoas e se as súas necesidades son a nosa máxima prioridade, é o momento de demostralo", dixo Jesús Vázquez Abad. "Agardamos o compromiso social dos grupos políticos e que asinen un documento que garantirá a prestación de servizos ás persoas que máis o precisen, goberne quen goberne"

O Pacto Social xorde considerando a situación e o contexto actual así como a necesidade de dar resposta ás demandas da poboación da cidade de Ourense. Tómase nota das directrices europeas e a súa folla de ruta marcada na senda cara ao ano 2020, os Principios das Nacions Unidas en Favor das Persoas de Idade na resolución 46/91, a Convención da ONU sobre os Dereitos do Neno e o Pacto de Convivencia, a LO de 2007 para a Igualdade efectiva de mulleres e homes do Goberno de España, o Pacto de Estado contra a violencia de xénero 2017 e o Plan galego de Conciliación e Corresponsabilidade 2018-2021 da Xunta de Galicia aprobado en abril de 2018.

"Por este motivo, adoptamos o compromiso de plasmar un acordo que garanta os obxectivos sociais fixados por estes acordos e normativas legais e se axuste aos criterios de crecemento intelixente, sustentable e integrador. E así llo acabamos de trasladar á oposición, para acadar un Pacto Social Histórico e inédito na nosa cidade. Se nos importan as persoas e se as súas necesidades son a nosa máxima prioridade, é o momento de demostralo", sinalou o alcalde, Jesús Vázquez Abad trala xunta de portavoces.

A firma deste pacto de goberno local, enmarcada no programa Ourensanamente social, garantirá os servizos básicos en materia de benestar social, exclusión, dependencia, maiores, mulleres en risco, familias e colectivos desfavorecidos. Tamén garantirá o noso compromiso e a nosa loita contra a pobreza, a exclusión e a marxinación. Neste sentido, resulta indispensable a aposta do Concello de Ourense por protexer aos que máis o necesitan, axudar a garantir a dignidade de todos e igualar as condicións e oportunidades dos cidadáns. "Para iso adoptamos o compromiso de prestar atención ás ameazas presentes e previr as futuras para crecer como sociedade", sinalou o rexedor.

O Pacto garantirá a prestación destes servizos e blindando a asistencia social como mínimo, ata 2025, fixando nesa data a revisión das novas circunstancias sociais e conxunturais. Entre tanto, este pacto garantirá a asistencia básica mentres persista a demanda por parte dos cidadáns de servizos que palien a desigualdade e a imposibilidade de obter unhas condicións mínimas para poder desempeñar a vida con garantías sen cesar no empeño de alcanzar unha sociedade cohesionada contribuíndo ao seu crecemento.

É por iso que se expón este pacto que incumbe ao esforzo por facer fronte ao envellecemento da poboación e á desigualdade en todos os seus ámbitos.

Ourensanamente social, o primeiro Concello con cobertura 100% a colectivos vulnerables ou desfavorecidos ten os seguintes obxectivos marcados:

1. Garantir que as concellerías que traballan con poboación en situación de vulnerabilidade estean dotadas de persoal suficiente en función da carga de traballo en cada momento.

2. Garantir dentro dos programas específicos ( SAF, comedor sobre rodas, centro de día, Teleasistencia...) a protección e a asistencia aos maiores en situación de vulnerabilidade ata alcanzar o 100% dás solicitudes presentadas que cumpran os requisitos e a normativa vixente

3.- Adaptación da cidade aos parámetros marcados pola OMS das "Cidades amigables das persoas maiores"

4.- Garantir o 100% dá cobertura das solicitudes que cumpran os requisitos de bolsas de comedor, bolsas de libros e material escolar dirixidas a familias en risco de exclusión social.

5.- Incrementar a dotación orzamentaria en medidas de conciliación nun 50% ao termo dos 7 anos de duración deste pacto, traballando así de forma efectiva na consecución e mellora real de obxectivos establecidos nas normas e leis mencionadas na introdución.

6.- Incremento dun 15% anual do orzamento da Concellería de Igualdade para medidas para a axuda a mulleres vulnerables, vítimas de violencia de xénero e programas de igualdade entre mulleres e homes, ata chegar a duplicar o investimento para estes supostos ao termo deste pacto.

7.- Adaptación total da cidade aos parámetros que se esixen desde a UNICEF para as "Cidades amigas da infancia".

8.- Garantir a protección ás familias en risco de exclusión social incrementando as partidas orzamentarias das emerxencias sociais en función dá demanda detectada polo equipo dos SSSS e previo informe dos técnicos municipais. Aos mesmos efectos, o goberno municipal incrementará anualmente a dotación presupuestaria, así como a existencia dun fondo de dotación complementario para acordos con outros organismos, asociacións e fundacións do terceiro sector que traballen para paliar emerxencias sociais e necesidades dos colectivos máis desfavorecidos.

9. Garantir cun incremento orzamentario anual o acceso das veciñas e veciños de Ourense ao Servizo de Axuda a Domicilio a través dá Lei de Dependencia, como dereito subxectivo que é dá cidadanía.

10. Garantir que a cidade de Ourense sexa accesible para toda a cidadanía, especialmente para as persoas con mobilidade reducida.

A fin de garantir as coberturas mencionadas e atención aos máis necesitados, é vital alcanzar un acordo de goberno desta cidade que faga que ningún ourensán ou ourensá se vexa privado/a polas súas circunstancias da dignidade inherente á súa persoa nin de ningún outro dereito fundamental constitucionalmente recoñecido, convertendo á cidade de Ourense na primeira en garantir por pacto social de goberno estas medidas por un período ata 2025 independentemente de quen goberne o Concello.

Garantir a asistencia social básica é unha preocupación de todos e un deber dos membros desta corporación plasmar neste acordo as premisas que, nos seus puntos máis fundamentais, garantirán esa asistencia aos colectivos máis vulnerables do noso Concello, como son os nenos, as persoas dependentes e/ou con discapacidade, os nosos maiores. En definitiva, aqueles que por distintas conxunturas sofren unha situación de vulnerabilidade social.

Ademáis, establecerase un equipo de traballo, conformado con representantes dos grupos políticos con representación municipal, que será o órgano que vele polo desenvolvemento e cumprimento dos obxectivos do presente pacto.

É pretensión do presente pacto o establecer o marco das medidas que melloren as condicións de vida dos ourensáns e das ourensás froito dun esforzo e un traballo conxunto que vele por todos eles e que faga efectiva a máxima da protección que ha de prestar o Concello de Ourense e que garanta a seguridade no acordo de todos os grupos de goberno en cuestións tan básicas como a atención das necesidades máis elementais dos grupos sociais que requiran asistencia social

Otros articulos relacionados.....