Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Fotografía XXVII Seminario Permanente de Administración y Economía PúblicaJesús Vázquez participou esta tarde na Fundación Ortega-Marañón de Madrid nunha mesa redonda baixo o título de “Participación Cidadá e Goberno Colaborativo”, dentro do XXVII Seminario Permanente de Administración e Economía Pública

O rexedor ourensán, presidente da comisión de Modernización, Participación Cidadá e Calidade da FEMP, avanzou que “hai que escoitar a chamada da Comisión Europea aos gobernos a escoitar novas formas de satisfacer as necesidades sociais que non están adecuadamente cubertas polo mercado ou o sector público; é o xeito de lograr marcos de convovencia estables e favorecedores do desenvolvemento económico e social dos territorios”

Os alcaldes queremos aportar valor á acción pública e reforzar e incrementare a confianza dos cidadáns nos gobernos locais, asumindo compromisos de bo goberno e de realización de prácticas exemplares nos ámbitos de rendición de contas, participación nas tomas de decisións e deseño e avaliación de servizos públicos”, recalcou Jesús Vázquez

Madrid, 10 de maio de 2016.-

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, participou esta tarde na Fundación Ortega-Marañón de Madrid nunha mesa redonda baixo o título de “Participación Cidadá e Goberno Colaborativo”, dentro do XXVII Seminario Permanente de Administración e Economía Pública.

O rexedor ourensán, presidente da comisión de Modernización, Participación Cidadá e Calidade da FEMP, estivo presente na mesa redonda, na que tamén participaron Pablo Soto Bravo, concelleiro de Participación Cidadá, Transparencia e Goberno Aberto do Concello de Madrid; así como Tomás Rodríguez-Villasante, profesor emérito da Universidade Complutense de Madrid. Durante a súa intervención, Jesús Vázquez argumentou que “hai que escoitar a chamada da Comisión Europea aos gobernos a escoitar novas formas de satisfacer as necesidades sociais que non están adecuadamente cubertas polo mercado ou o sector público; é o xeito de lograr marcos de convovencia estables e favorecedores do desenvolvemento económico e social dos territorios”.

Neste senso, o alcalde ourensán abordou a necesidade de abrir debate e reflexión sobre a saúde dos mecanismos da democracia representativa participativa que promovan gobernos máis abertos e colaborativos. “Os alcaldes queremos aportar valor á acción pública e reforzar e incrementar a confianza dos cidadáns nos gobernos locais, asumindo compromisos de bo goberno e de realización de prácticas exemplares nos ámbitos de rendición de contas, participación nas tomas de decisións e deseño e avaliación de servizos públicos”, recalcou Jesús Vázquez.

A calidade democrática, a ética pública e a integridade na xestión son aspectos que deben rexir todo goberno”, sinalou Vázquez, “porque non debemos esquecer que nun momento como o actual, resulta fundamental reducir a fenda que xurdiu como consecuencia da desafección política dos cidadáns”. De aí a importancia da Comisión de Modernización, Participación Cidadá e Calidade sexa un ámbito axeitado para impulsar e desenvolver novas actuacións e novos retos. “A participación é un medio en continuo desenvolvemento no que é imprescindible evolucionar, analizando o contexto actual e as demandas da cidadanía, incorporando as posibilidades da tecnoloxía e o aprendizaxe do recorrido ata o momento actual”.

Importante contribución das asociacións locais

Por último, Jesús Vázquez lembrou a importante contribución das asociacións locais que realizan como mediadores da participación cidadá, así como xeradores de identidade local: “Grazas a esta contribución, aportaron iniciativas enriquecedoras en variadas políticas locais, sendo axentes activos capaces de incorporar ás axendas dos municipios asuntos clave, implicándose na xestión de equipamentos, servizos e programas municipais. De aí a enorme importancia de revisar, potenciar e explorar novas vías de colaboración cos movementos sociais e asociacións locais”.

Comisión FEMP

Durante a mañá de hoxe, o alcalde de Ourense presidiu en Madrid unha nova reunión da Comisión de Modernización, Participación Cidadá e Calidade, da que é presidente. Neste encontro de traballo, constituiuse o grupo de traballo integrado por representantes municipais e técnicos. Tamén se deu conta do nomeamento de representantes técnicos na Rede Interadministrativa de Calidade dos Servizos e se formularon propostas formativas e de avance do plan de traballo para o presente exercicio 2016, entre outros asuntos.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Xulio Ferreiro sigue "haciendo negocios con su marea atlántica adjudicándose contratos públicos" según denuncia la Voz de Galicia

Jueves, 28 Septiembre 2017
Xulio Ferreiro sigue "haciendo negocios con su marea atlántica adjudicándose contratos públicos" según denuncia la Voz de Galicia

La mitad de los fondos destinados a proyectos, mediación y comunicación del Laboratorio Cidadán Co-Lab, impulsado por la concejalía de Participación, han sido adjudicados por el gobierno local de la...