Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Os investimentos son insuficientes para garantir o CAPD, o Centro de Saúde do Vinteún ou unha Casa de acollida, “necesidades históricas do Concello”.
•    A cidade volve quedar á cola nas contas, co menor investimento de todo o país.https://soundcloud.com/ourenseencomun/20171114-rp-ouecen-marea-orzamentos-xunta-para-ourense">[ESCOITAR AUDIO]       https://api.soundcloud.com/tracks/355503110/download?client_id=a3e059563d7fd3372b49b37f00a00bcf"> [DESCARGAR AUDIO]

Ourense, 14 de novembro 2017
   
    A concelleira de Ourense en Común, Ledicia Piñeiro, xunto ás deputadas de En Marea por Ourense, avaliaban esta mañá os orzamentos 2018 da Xunta de Galicia para a provincia.

 

    Ledicia Piñeiro introducía a rolda de prensa lamentando que despois de máis de dous anos de corporación municipal en Ourense, “sigamos a falar de orzamentos que non son os do Concello”, e engadía que Jesús Vázquez mantén uns orzamentos “prorrogados e desfasados” para as necesidades da cidade,  e está “lastrando servizos sociais fundamentais e especialmente vulnerables, xa que precisan prazos concretos”.

    A edil de OUeC acusa ao PP de “bailar a auga con promesas sen consistencia”, poñendo como exemplo o Centro de Atención a Persoas con Diversidade comprometido en campaña electoral, para o que agora destinan unha partida mínima que “seguirá dilantando un proxecto vital para Ourense ata as próximas eleccións”. No mesmo sentido referíase ao Centro de Saúde do Vinteún, esixindo ao Concello e á Xunta que “deixen de pasarse a pelota, e que dean respostas” para “liberar o saturado centro da Ponte, apuntando tamén á “necesidade de primeira magnitude” dunha casa de acollida para mulleres vítimas de violencia en Ourense, que “asegure unha boa atención”.

    “Ourense volve quedar á cola nos Orzamentos da Xunta para 2018”, o deputado Davide Rodríguez manifestaba así o rexeitamento de En Marea ás contas da Xunta, que volven deixar a provincia e a cidade de Ourense como “a máis castigada polas contas do goberno galego en áreas fundamentais coma a Sanidade, a Xustiza ou as Infraestruturas”.

    A deputada Ánxeles Cuña, que defendeu o traballo interinstitucional entre os representantes locais e autonómicos, denunciou que se a Xunta cualifica estes orzamentos de expansivos, “para Ourense son restritivos, antisociais e decepcionantes”. E defendeu esta tese con datos obxectivos, pois Ourense é a provincia que menos investimento recibe en capítulos fundamentais coma o SERGAS (só o 5% do total de Galicia), xustiza (8%), o Instituto Galego de Vivenda e Solo (8%) ou a Axencia Galega de Infraestruturas (16%). Noutras áreas fundamentais coma Educación, só recibe o 14% do investimento global.

    Ademais, Cuña lembrou que os orzamentos da Xunta se esquecen totalmente do emprego nunha provincia que acapara máis da metade do paro de toda Galicia e onde moitas economías familiares viven dos pensionistas, que tamén se atopan entre os que perceben as pensións máis baixas de todo o Estado.

    Pola súa banda, Davide Rodríguez destacou que Ourense é a cidade que menos investimento real leva de todo o país, 13 millóns de euros “fronte aos 80 que leva Vigo e apuntou que 5M€ van para o enlace de San Cibrao das Viñas coa A52, “que leva orzamentado máis de cinco anos sen executar e que conta coa oposición dunha plataforma cidadá e mesmo do sector dos transportistas”.

    E, segundo Rodríguez, o Goberno de Feijóo volve esquecerse da que debería ser a súa principal preocupación na provincia de Ourense, a fixación de poboación. “Non hai medidas para frear o despoboamento rural, con estas contas seguiremos pechando escolas e veremos reducida aínda máis a calidade da nosa sanidade e mobilidade, denunciou, “ademais de non verse beneficiada malia ser a provincia cos máis graves problemas medioambientais e ecolóxicos”.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...