Ourense en Común alerta da gravidade de adxudicar polo goberno do PP a limpeza de colexios a unha empresa corrupta

XornalGalicia  07 Junio 2017  7412 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

OHL está vencellada á Operación Lezo e foi expedientada por repartirse licitacións nas obras do AVE. •    O PP outorgou á empresa a maior puntuación, malia a ter presentado a peor oferta técnica. •    O grupo esixe unha contratación pública socialmente responsable e con cláusulas estratéxicas que garantan unha xestión pública ética e sustentable.

 

Ourense, 07 de xuño 2017         Ourense en Común alertaba hoxe da gravidade de que OHL se faga co servizo de limpeza nos colexios da cidade, esixindo ao goberno do Partido Popular en Ourense que “deixen de negociar” este servizo cunha empresa imputada na Operación Lezo e recentemente expedientada pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia por repartirse con outras empresas contratos públicos en liñas ferroviarias.

    Ledicia Piñeiro calificou como “total desvergoña e irresponsabilidade” que o equipo de “desgoberno” de Jesús Vázquez “permita a unha empresa corrupta optar a unha contratación co Concello, lembrando que unha moción de Ourense en Común foi aprobada en setembro do pasado ano por unanimidade do pleno, “tamén co voto a favor do PP”,  para que nos contratos se inclúan cláusulas estratéxicas, e para que a contratación pública sexa sustentable e socialmente responsable, “se se seguira un criterio de admisión, esta empresa nin debera estar sobre a mesa”.

    A concelleira lembra os acontecementos vividos o ano pasado polos impagos ás traballadoras deste servizo de limpeza de centros educativos, e do de limpeza de dependencias municipais, e avanza que “pode volver a repetirse” pola irresponsabilidade do goberno, que prima a ponderación económica, "promovendo que se empeoren as condicións laborais dos traballadores para rebaixar a oferta”, engadindo que sendo OHL a empresa que presentou a peor oferta técnica, leva a maior puntuación e pode chegar a facerse co contrato”.

    Ourense en Común grupo defende que é preciso “garantir as condicións do emprego ademáis da calidade e eficacia na prestación de servizos e nas compras públicas”.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...