Información
Ourense

Ourense en Común aposta por reforzar a labor conxunta da oposición fronte a un goberno que non dialoga

Información
10 Noviembre 2016 6043 votos

OUeC, PSOE e DO estableceron un calendario de traballo co que facer fronte ao bloqueo da cidade

Ourense, 09 de novembro 2016         Ourense en Común acudía esta tarde a unha reunión co resto de grupos na oposición da Corporación Municipal –Democracia Ourensana e PSOE- para avaliar o estado do Concello de Ourense.

    Os tres grupos compartiron na xuntanza unha diagnose negativa do goberno do Partido Popular, que non quere dialogar aínda estando en minoría, e mantén por tanto bloqueada a cidade.

    Na reunión plantexouse a idea de trazar unha estratexia conxunta de oposición para o que os grupos estableceron xa un calendario de traballo, sobre o que se volverán reunir nas próximas semanas co fin de avaliar por diferentes áreas as necesidades que o goberno popular debe asumir e así poder establecer unha oposición forte que sexa quen de presionar ao goberno a solucionar as deficiencias que tén a cidade.

    Perante unha eventual moción de censura, Ourense en Común mantense fiel ao seu Código de Bo Goberno e explica que “imos alí a onde nos chaman para falar sobre decisións que poden afectar ao noso municipio, agora ben, non participaremos nesta lexislatura dun goberno de coalición. De darse esa moción, o noso voto estaría condicionado ao modelo de cidade e de xestión proposto. Porque o importante non é quen é alcalde, senón para que”.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....