Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

58746eba dcd4 4160 8c6f 3f8b39cef92aOs deputados de En Marea David Bruzos e Miguel Anxo Fernán Vello visitaron hoxe a comarca da Baixa Limia logo de lograr que o Congreso aprobase a solicitude de declarar a Vía Nova ao seu paso por Ourense como Patrimonio Mundial da Humanidade, a petición de En Marea.

A visita comezou no Centro Arqueolóxico Aquis Querquennis, á beira das termas romanas do mesmo nome, asolagado polas augas do Encoro das Cunchas nesta época. Precisamente, unha das peticións dos colectivos da zona é instar ao Ministerio de Medio Ambiente a que lle esixa a Gas Natural-Fenosa que rebaixe os niveis do encoro de xeito que as termas e o campamento romano sexan visitables durante todo o ano. Quéixanse ademais da contaminación das augas da presa pola deficiente depuración das augas residuais da Limia. A expedición rematou a visita na igrexa visigótica do s. VII de Santa Comba de Bande, declarada Monumento Nacional en 1921.

Da xuntanza dos parlamentarios con representantes da Plataforma Baixa Limia, a Asociación Cultural e de Montaña ARNAU, a Asociación Cultural Lirio do Xurés e o colectivo "Bosque Máxico" tamén xurdiron outras demandas a trasladar ao Congreso dos Deputados vencelladas á protección do incalculable patrimonio da comarca esquecido polas institucións, á cooperación coas freguesías do norte de Portugal e ao impulso dos recursos turísticos da zona. Consideran que foron discriminados polos Fondos Europeos fronte a outros municipios arraianos "porque representamos menos votos ca outras zonas."

Tras este primeiro contacto, os deputados de En Marea estableceron canles de traballo colaborativo con estes colectivos da Baixa Limia, unha das comarcas máis dispersas e envellecidas de toda Galicia.

PLxH AyTP Pladesemapesga protecciondenunciante

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

#Transparencia de #XulioFerreiro una #BurlaNegra del #fuel que mancha #MaríaPita bajo una #faltadeprestige total

#Transparencia de #XulioFerreiro una #BurlaNegra del #fuel que mancha #MaríaPita bajo una #faltadeprestige total

@XulioFerreiro da entrada a la Participación ciudadana, pero metiendo el dinero público en manos de empresas amigas para adoctrinar y convertir a la ciudadanía en militantes de Marea Atlántica con...