Información
Elecciones municipales de Galicia

PSOE promove unha ordenanza de axudas económicas individuais para os deportistas do municipio

Información
23 Febrero 2019 127 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A liña de bolsas deseñada polo grupo socialista conta cunha partidaA liña de bolsas deseñada polo grupo socialista conta cunha partidainicial específica de 35.000 euros no Orzamento municipal!Pontevedra.- A nosa cidade ten o privilexio de contar con numerosostalentos deportivos individuais en disciplinas tan diversas como a loita, oatletismo, a esgrima, o piragüismo, o taekwondo ou a natación.

Senembargo, á marxe das limitadas achegas que nalgúns casos perciben osclubes para os que compiten, non existe até a data ningunha liña deapoio económico a estes talentos para que poidan competir nas mellorescondicións nas súas respectivas probas (en moitas ocasións de carácterinternacional). Poñer fin a este baleiro institucional é o principal obxectivoda Ordenanza de Axudas a Deportistas Individuais que o Grupo Municpaldo PSOE elevará á Xunta de Goberno local e que conta cunha partidainicial específica de 35.000 € (ampliable, se fora preciso) nos Orzamentosdo Concello de Pontevedra.O borrador da Ordenanza, que foi redactado coa colaboración dalgúndeportista de elite, establece os criterios que rexerían a convocatoria debolsas e axudas para deportistas que destaquen, na súa participación encompeticións oficiais de carácter individual, durante a tempada ouanualidade de convocatoria. Segundo explica o voceiro dos socialistas,Tino Fernández, con esta disposición legal preténdese evitar a actual“arbitrariedade e discrecionalidade” á hora de conceder axudas adeportistas, mediante “uns criterios obxectivos que sexan coñecidos portodos e todas con anterioridade”.!A día de hoxe, tódalas achegas económicas que realiza o Concello nesteeido van dirixidas a clubes ou entidades deportivas polas súasactividades ao longo do ano ou tempada, pero non existe ningunha liñaindividual como a que plantexa o PSOE. Tal e como sinala o candidatosocialista á Alcaldía, “no caso dun piragüista, un rapaz que corre naXimnástica ou unha moza que compite en taekwondo, hai unha axudapara o clube, pero non unha para que eles poidan, por exemplo, pagarseunha viaxe dunha competición ou mercarse unhas zapatillas”. “Esebaleiro -aclara- vense cubrindo até o de agora cunha partida orzamentariada que dispón o alcalde de xeito absolutamente discrecional”.!DiscriminaciónO líder dos socialistas asegura que a actual situación leva a que, enmoitos casos, se produzan “discriminacións”, xa que mentres se lle deron“axudas de miles de euros a deportistas que non o precisan, porquefacturan máis dun millón de euros ao ano”, déixase de lado a outros quesi as necesitan. Un destes casos foi o da loitadora Lydia Pérez Touriño, doClub de Lucha Pontevedra, que, como lembrou Tino Fernández, atopouserias dificultades para viaxar a un Campionato de Europa “porque nonpodía asumir o prezo do billete de avión”. “Á Escola Hungaresa deEsgrima de Pontevedra nin sequera puidemos axudala para participar nunCampionato Europeo en Xerusalén. Son situacións que deixan un sabormoi amargo”, engade o voceiro do PSOE.Na opinión de Fernández, as axudas aos clubes cumpren unha funciónesencial, pero “cando existe unha situación na que alguén destaca e vai aun campionato de España, de Europa ou do Mundo, que menos queaxudarlle con cuestións como os desprazamentos”. Ao seu xeito deentender, os deportistas individuais “son os que máis rendemento lleestán a dar a Pontevedra”, polo que “non é de recibo que alguén comoÁlvaro Fernández Fiuza, dúas veces campión do Mundo de Piragüismo naespecialidade de maratón, por poñer un caso, non teña nin sequeraalguén que lle merque unha pala”.Por tal motivo, o Grupo Municipal do PSOE pretende que a partida de35.000 € que logrou introducir nos Orzamentos conte cunha regulaciónque permita outorgar as axudas dun xeito transparente e en base acriterios de carácter técnico. A Ordenanza, que se entregará a clubes,deportistas e outros grupos políticos de cara a engadir as modificaciónsque se estimen oportunas, busca premiar o esforzo e a constancia dosnosos atletas, así como a súa contribución a espalla-lo nome da cidadepolo mundo.O PSOE ten previsto presentar o borrador da Ordenanza a través doRexistro plenario nos vindeiros días, de cara ao seu debate e informe polacorrespondente Comisión. As bolsas serían compatibles con calqueraoutra, incluidas as que poidan percibir os seus clubes.!!Unha contía máxima de 3.500 €As axudas que contempla o borrador son de tres tipos:−De iniciación: destinadas a deportistas menores de 23 anos (máximo de1.500 €).−De cualificación: para deportistas que presenten unha traxectoriadeportiva relevante (contía máxima de 2.000 €).−De alto nivel: orientadas a deportistas que acaden a condición de altonivel segundo os criterios establecidos pola Xunta de Galicia (contíamáxima será de 3.500 €).Poderían beneficiarse das bolsas previstas na Ordenanza osdeportistas inscritos no Padrón municipal que dispoñan de licenza envigor por algunha federación deportiva galega, con un ano, comomínimo, de antigüidade (considerarase tamén a licenza estatal). UnhaComisión sería a encargada de avaliar as solicitudes presentadas eadmitidas perante o Servizo de Deportes, aplicando unha táboa debaremación para establecer a orde de prelación aos seis melloresresultados, en base aos postos de clasificación acadados polosdeportistas en Olimpiadas, probas internacionais e campionatos doMundo, Europa, España e Galicia.

lineaazul 1600

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

El próximo sábado 27 de Abril de 2019 a las 15.00 horas arrancará...

Preto de 20 colectivos galegos responderon ao chamado da...

lineaazul 1600