Información
Elecciones municipales de Galicia

ENTREVISTA ANTONIO VILLANUEVA, CANDIDATO Á SECRETARÍA DE PODEMOS SANXENXO

Información
22 Noviembre 2018 530 votos
446530079 459241P- Cales son os motivos que o levaron a presentarse á Secretaría de  Podemos Sanxenxo?
 
R- Era un traballo que xa viña realizando durante os pasados anos, como responsable de comunicación e incluso sendo "enlace" do Círculo. Pero o máis importante é que foron os militantes do 
partido, as miñas compañeiras e compañeiros, quenes quixeron que dera eu o paso, foi unha decisión practicamente unánime.
 
P- Que relación ten coa outra candidata á Secretaría Xeral de Podemos Sanxenxo?
 
R- Non a coñezo demasiado porque non está no Círculo de Podemos. Sei que é militante e incluso portavoz doutro partido. Penso que, a lo 
menos éticamente, debería ser incompatible estar en un partido pero presentarse a dirixir outro. 
 
P- Cales son os seus obxectivos para os vindeiros meses se acada a Secretaría?
 
R- Seguir traballando cos compañeiros e compañeiras como ata agora pero con máis forza. Teremos unhas primarias o vindeiro mes, hai que fortalecer a confluencia con ANOVA e independentes, temos que actualizar o programa electoral... Hai moito traballo de aquí ás eleccións e no Círculo estamos convencidos de que o próximo goberno municipal será de cambio.
 
P- Contarán vostedes con PSOE e BNG para tecer alianzas?
 
R- Contaremos con eles e con todos os partidos afíns xa que o cambio precisa de unidade de forzas. Non creo que poidan existir alianzas pre-electorais, pois estes partidos teñen claro que se presentarán coas súas siglas, pero no Círculo esperamos poder formar un goberno de cambio para Sanxenxo, como a maioría do pobo reclama.
 
P- Como ve a correlación de forzas no Concello despois das próximas municipais? 
 
R- Creo que as dereitas van ter complicado seguir a gobernar en Sanxenxo. Preséntanse, por primeira vez, moi divididas. Teremos a PP, SAL, C´s e pode que tamén á ex-alcaldesa Catalina González. Creo que esta división vainos ser moi positiva.
 
P- Que lle diría ao votante de Podemos en Sanxenxo para que votase pola súa candidatura?
 
R- A razón máis importante é que a miña candidatura nace dos compañeiros e compañeiras activas no Círculo de Podemos Sanxenxo. Síntome tremendamente orgulloso de tal equipo humano e de todo o traballo realizado durante estos anos posicionando ao partido no centro do mapa político do Concello.