Información
Elecciones municipales de Galicia

Alternativa dos Veciños aspira a facilitar a gobernabilidade no concello da Coruña con Pedro Armas

Información
09 Noviembre 2018 107 votos

rolda prensa coruna Pedro ArmasO candidato á alcaldía da Coruña por Alternativa dos Veciños, Pedro Armas, e o presidente do grupo, Ángel García Seoane, compareceron esta mañá ante os medios de comunicación para explicar as aspiracións do partido na cidade. Alternativa dos Veciños non aspira á alcaldía da Coruña, senón a facilitar a gobernabilidade para garantir que se poida levar adiante unha xestión que permite lograr as melloras que precisan os cidadáns.

 

Presentámonos para sumar, non para restar nin para dividir. Queremos facilitar a gobernabilidade do Concello, pero aspiramos a ter a capacidade de poder esixir que determinadas decisións de interese xeral para a cidadanía se tomen dunha maneira concreta”, comentou Pedro Armas. Alternativa dos Veciños pretende ter representación na corporación para facilitar que aquelas melloras que precisa a cidade se leven adiante e non se vexan boicoteadas, tal e como aconteceu durante esta lexislatura coa oposición destrutiva practicada polo PSOE e o PP.

Pola súa parte, Ángel García Seoane declarou que “a comarca necesita políticas serias, de cooperación entre os concellos, que se leven adiante os plans de urbanismo,...” e por iso Alternativa dos Veciños vai presentarse na Coruña, Cambre, Culleredo, Arteixo, Oleiros, Cerceda, Carral, Bergondo e posiblemente tamén en Sada. García Seoane tamén avalou a Pedro Armas por ter un historial político “decente” e o cualificou como “o mellor” dos candidatos á alcaldía da Coruña.

A rolda de prensa celebrouse esta mañá no local que Alternativa dos Veciños ten na Coruña, na rúa Monasteiro de Moraime 2. Este lugar pretende ser un punto de encontro tanto para cidadáns como para os medios de comunicación.



Cs A Coruña denuncia el incumplimiento reiterado del programa electoral de La Marea

Cs A Coruña denuncia el incumplimiento reiterado del programa electoral...

Primarias Podemos Galicia - Procesos municipales en todo el estado. LA ULTIMA OPORTUNIDAD

En Xuntos creemos que estamos ante la última oportunidad de...

Alternativa dos Veciños aspira a facilitar a gobernabilidade no concello da Coruña con Pedro Armas

O candidato á alcaldía da Coruña por Alternativa dos Veciños...

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi