Información
Podemos Galicia

Bescansa presenta unha lista ao Consello Cidadán galego encabezada por dez mulleres

Información
Elecciones municipales de Galicia 10 Octubre 2018 248 votos

Carolina Bescansa rexistrou onte a súa candidatura á secretaría xeral de Podemos Galicia, que se chamará Eu FuturoParaGalicia. A proposta de Bescansa supón unha importante renovación de caras e traxectorias e unha aposta rotunda polo liderado feminino neste proxecto de futuro para Galicia, pois os dez primeiros postos da lista serán ocupados por mulleres, que serán un 55% do total da lista.

A lista ao consello cidadán estará encabezada por Natalia Prieto, economista chantadina, militante de base da organización desde a súa fundación e que asumiu a secretaría de organización nos últimos meses. Outra lucense, a sarriana Paula de Santiago bregada no municipalismo, e que opta por primeira vez a un cargo orgánico será a número dous. O terceiro lugar ocuparao outra cara nova, a profesora ourensá Paloma Manzano. Tras ela estará a actual deputada no parlamento autonómico por En Marea, a arquitecta pontevedresa Julia Torregrosa, que tampouco ocupou ata o momento ningún cargo orgánico. No quinto lugar aparece a secretaria saínte de feminismos de Podemos Galicia, a sociológa da Coruña María Antonia Trillo. O sexto lugar é para a tenente de alcalde de Ames, Genma Otero, que tamén se podería sumar por primeira vez a un posto de responsabilidade orgánica autonómica e que achegará a súa experiencia para os próximos procesos municipais. Tras ela estará a secretaria de acción institucional saínte, a tamén arquitecta de Lalín, Marlene Perez. No oitavo lugar aparece outra cara nova, a actriz coruñesa Lili Escobar. No noveno posto estará a arqueóloga ferrolá Begoña Hermida, que este mesmo verán dirixiu a exhumación dunha fosa común de asasinados polo franquismo no concello de Aranga, e que ocupaba a secretaría de participación na executiva saínte. O décimo lugar será para a historiadora Ana Abella, que tamén dá o paso de presentarse a un órgano político por primeira vez. O primeiro home da lista será no posto once o politólogo vigués Raimundo Viejo, que como xa anunciou será a voz do exterior, da emigración no equipo de Carolina Bescansa. Temos que irnos ata o posto 13 para atopar ao segundo, o secretario de municipalismo de Podemos Galicia Rogelio Santos.

Carmen Santos pechará a lista

Carmen Santos Tal e como anunciou cando fixo pública a súa intención de non presentarse á reeleción para centrarse na súa actividade parlamentaria, a actual secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos pechará a lista da candidata que propuxo o seu equipo. Santos non só pechará a lista senón que participará activamente na campaña.

Lista Eu FuturoParaGalicia

1 Natalia Prieto

2 Paula de Santiago

3 Paloma Manzano

4 Julia Torregrosa

5 María antonia Trillo

6 Genma Otero

7 Marlene Perez

8 Lili Escobar

9 Begoña Hermida

10 Ana Abella

11 Raimundo Viejo

12 Maika Arias

13 Rogelio Santos

14 Sara Curto

15 José Manuel Prieto

16 Olga Dourado

17 Eduardo Nieto

18 Mar Taboada

19 Sergio Míguez

20 Eduardo Ortiz

21 Manuel Villares

22 Luis díaz Allegue

23 Daniel Liceras

24 Francesco Bertussi

25 Enrique Fojo

26 José Luis Romaris

27 Alicia Lorenzo

28 Manuel Iglesias

28 Silvia Otero

30 Rubén Iglesias

31 Almudena Pequeño

32 Consuelo Rivadulla

33 Víctor Fernandez

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi