Información
Elecciones municipales de Galicia

O PSdeG-PSOE DO RIBEIRO DENUNCIA A CARGOS DO PP POR UTILIZAR A XUNTA E OUTRAS ADMINSTRACIONS DE FORMA PARTIDISTA E CONTRA A LEI ELECTORAL

Información
20 Septiembre 2016 1835 votos

O Partido Socialista da Comarca do Ribeiro denunciou ante a Xunta Electoral a utilización dos cargos institucionais do Goberno da Xunta en favor do Partido Popular.

Os socialistas afirman que é un escándalo ver como tódolos días o presidente da Xunta,Conselleiros e outros cargos menores utilizan os seus cargos de forma partidista en favor da campaña do Partido Popular.

Os cargos da Xunta de Galicia non poden utilizar a súas facultades e os recursos públicos para captar apoios que lle permitan continuar no poder, porque tódalas forzas políticas teñen que competir en condicións de igualdade.

Ante este comportamento intolerable o Partido Socialista denunciou algunhas destas actividades prohibidas na lexislación electoral.

Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (ACORDO XUNTA ELECTORAL_20160920091226.pdf)ACORDO XUNTA ELECTORAL_20160920091226.pdf 39 kB

Foi o caso de actos da Secretaria de Igualdade ,Susana López Abella, ou o da Secretaria de Turismo Nava Castro prometendo actuacións con alcaldes do Partido Popular e facendo actividade institucional prohibida pola Lei Electoral.

Caso significativo tamén foi a actividade da Delegada da Xunta Marisol Díaz Mouteira que recorreu a provincia para promocionarse como cabeza de lista do Partido Popular utilizando o cargo e medios do mesmo en beneficio partidista.

O colmo do cinismo é que o Partido Popular ten o rostro de denunciar a outras forzas políticas sen base, e utilizan tódolos días os recursos públicos e atribucións dos cargos do goberno da Xunta en favor do seu Partido.

Os socialistas puxeron en coñecemento da Xunta Electoral tamén anuncios e promesas realizados por alcaldes do Partido Popular de acordo con diversos departamentos da Xunta por tratarse de actos prohibidos dende a convocatoria electoral.

Un destes casos foi o anuncio polo alcalde de Leiro e a Consellería de Política Social da apertura dun Centro Social que nin xiquera está terminado, utilizando de forma partidista unha actuación derivada da Lei de Atención a Dependencia,que por iniciativa dun goberno socialista creou dereitos para as persoas máis necesitadas da sociedade.

É unha actitude pouco decente tratar de utilizar as condicións de necesidade de persoas maiores ou dependentes ,e ademais ilegal se se fai desta forma en período electoral.

Neste caso xa se pronunciou a Xunta Electoral de Zona acordando incoar expediente sancionador 7/2016 contra o alcalde do PP de Leiro Francisco J.Fernández por infracción do artigo 50.2 da Lei Electoral sinalando que esa norma está sancionada con pena de multa de 300 a 3.000 €.



ULTIMATUM AO FUTURO DE PODEMOS GALICIA

En  politica é importante tomar postura, é en  Xuntos sempre...

Comunicado a afiliado@s y opinión pública en general.

Ante numerosos requerimientos periodísticos y por parte de Asociaciones de...

Cs A Coruña denuncia el incumplimiento reiterado del programa electoral de La Marea

Cs A Coruña denuncia el incumplimiento reiterado del programa electoral...

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi