Información

O Colexio de Xornalistas traslada aos principais partidos as necesidades da profesión en Galicia

Información
XornalGalicia 09 Septiembre 2016 1555 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia enviou aos principais candidatos e candidatas a presidencia de Galicia das forzas políticas con maiores expectativas electorais unha carta na que lles transmite as súas preocupacións sobre a profesión xornalística e lles traslada algunhas medidas para garantir o dereito á información.

Na misiva faise referencia aos principais retos que afronta o xornalismo en Galicia, como a aprobación do Estatuto do Xornalista Profesional e a Lei de Garantías do Dereito á Información da Cidadanía, o modelo de medios públicos, o acceso á información pública, a xestión da información electoral, as axudas aos medios e a publicidade institucional ou a creación do Consello da Comunicación de Galicia.

Este é o texto completo da carta remitida aos candidatos e candidatas:

Estimado/a candidato/a,

Dirixímonos a vostede, en calidade de candidato/a á Presidencia da Xunta de Galicia, para facerlle chegar ás nosas inquedanzas.

Como sabe, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) é unha entidade de dereito público creada pola lei 2/1999 do 24 de febreiro polo Parlamento de Galicia que ten a representación legal de todos os xornalistas galegos. Actualmente conta con máis de 1.100 colexiados/as repartidos polas súas sete demarcacións (A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo).

Son funcións do Colexio afondar na mellora das condicións nas que os/as xornalistas levan a cabo os seus traballos; a defensa profesional dos seus membros; garantir a independencia e liberdade informativa en beneficio da sociedade galega; defender, de acordo co artigo 20.1 da Constitución Española, o dereito á liberdade de información e de expresión garantidas a tódolos cidadáns; salvagardar a sociedade de informacións que tendan a deformar voluntariamente a realidade dos feitos e poñer especial acento na defensa do segredo profesional e na aplicación da cláusula de conciencia, como tamén recolle a Constitución, entre outros.

Por este motivo, a Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) quere reclamar de tódolos partidos políticos concorrentes ás Eleccións Autonómicas de 2016 as seguintes premisas para garantir o dereito da cidadanía a recibir información veraz e dos/as xornalistas a desenvolver o seu traballo nun estado libre e democrático, tendo en conta que o dereito a información é un dos dereitos fundamentais de todo cidadán/a:

1. Estatuto do Xornalista Profesional. Lei de Garantías do Dereito á Información da Cidadanía. A súa aprobación é unha das materias pendentes. Dende Galicia tense que impulsar a súa definitiva consagración. Só así se poderá garantir que os/as xornalistas realicen o seu traballo con liberdade e independencia.

2. Medios Públicos Galegos. O CPXG leva, practicamente desde a súa constitución, traballando nun novo modelo de medios públicos que garanta a súa independencia e pluralidade. O Colexio participou no proceso de elaboración da Lei 9/2011 dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia pero, case cinco ano despois, aínda non se implementaron algunhas das súas disposicións máis importantes. Entre elas, o establecemento dun estatuto profesional e dun consello de informativos, a elección do/a director/a xeral da CRTVG por maioría parlamentaria reforzada ou a posta en marcha dunha autoridade audiovisual independente. O cumprimento íntegro da Lei é imprescindible para avanzar na profesionalización e desgobernamentalización dos medios públicos e garantir o acceso da cidadanía a unha información veraz, plural e independente.

3. Acceso ás fontes. O CPXG salienta a necesidade do dereito dos/as informadores/as a ter acceso á información. Para iso é crucial elaborar unha lei de transparencia informativa que garanta o acceso á información pública. Sen ela, a información recibida pola cidadanía pode ser nesgada e estar polo tanto negándoselles un dereito básico.

4. Bloques electorais. O CPXG quere lembrar ós partidos concorrentes ás eleccións que a información non pode estar sometida ós criterios de emisión de propaganda electoral que determine a Xunta Electoral. Tampouco pode estar restrinxido o acceso libre de cámaras e redactores/as ós actos públicos, baixo a escusa de que a organización facilita xa as imaxes ou o contido das intervencións. Ámbalas dúas prácticas impiden que o/a xornalista poida exercer o seu papel de mediador/a, de responsable da información. No primeiro dos casos, quen debe velar polo carácter democrático e plural da información teñen que ser organismos independentes de defensa do dereito á información, como son os Consellos Superiores do Audiovisual.

5. Axudas ós medios galegos. O CPXG elaborou unha proposta para as axudas ós medios galegos que, no seu momento (http://xornalistas.gal/novas-eventos/novas/proposta-do-colexio-de-xornalistas-para-obxectivar-a-concesion-de-axudas-aos-medios/">http://xornalistas.gal/novas-eventos/novas/proposta-do-colexio-de-xornalistas-para-obxectivar-a-concesion-de-axudas-aos-medios/), entregou a todos os grupos parlamentarios. Realizouse coa perspectiva de contribuír ao fortalecemento do noso sistema de comunicación e á súa democratización, que terá na calidade, no pluralismo e na diversidade de modelos o seu verdadeiro norte.

6. Publicidade Institucional. Ao fío do anterior punto, o Colexio de Xornalistas ten en perspectiva a realización dunhas xornadas nas que establecer os criterios e regulamento da publicidade institucional.

7. Consello da Comunicación de Galicia. O Código Deontolóxico do Xornalismo Galego, elaborado polo CPXG e aprobado por unanimidade en Asemblea Xeral, sinalaba a necesidade da creación dun Consello da Comunicación de Galicia, organismo arbitral, representativo, plural e independente dos poderes públicos que defenda a sociedade dos intentos de limitar o dereito dos cidadáns á liberdade de expresión e de información, mediante actos ou opinións dirixidos a restrinxir ou influír lesivamente na libre actividade dos medios de comunicación e de quen traballan neles.

Agradecendo de antemán a súa atención, reciba un cordial saúdo.

CPXG

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.">Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. http://www.xornalistas.com/">www.xornalistas.gal Tel. 981 93 56 70 Fax 981 93 56 69

lineaGRIS
María vilas: “Ciudadanos pide al Alcalde de Santiago que apueste “de verdad” por una “conciliación Real”

Ciudadanos ha presentado una moción al Alcalde solicitando mejoras en el plan de Conciliación Familiar municipal “Escolas de Verán”.

Ciudadanos Cs A Coruña denuncia la dejadez de funciones de gobierno de la ciudad

Miguel Ángel Rosende: “La dejadez de funciones del gobierno de Xulio Ferreiro, se plasma día a día en La Coruña” strong> A Coruña, viernes 11 de Mayo [ ... ]

Partidos Políticos Registrados.- Elecciones municipales de España de 2019 se celebrarán en toda España el próximo 26 de mayo de 2019

Las elecciones municipales de España de 2019 se celebrarán en toda España el próximo 26 de mayo de 2019, haciéndolas coincidir con las elecciones al Parlam [ ... ]

GONZALO CABALLERO DESTACA “OS AVANCES” QUE OS GOBERNOS SOCIALISTAS IMPULSARON EN LUGO FRONTE AOS “INCUMPRIMENTOS” E AO “DESPREZO” DO PP ...
GONZALO CABALLERO DESTACA “OS AVANCES” QUE OS GOBERNOS SOCIALISTAS IMPULSARON EN LUGO FRONTE AOS “INCUMPRIMENTOS” E AO “DESPREZO” DO PP

O secretario xeral do PSdeG critica “a política de botafumeiro, de anuncios gratuítos” de Feijóo e o ministro de Fomento, que “non permite avances para [ ... ]

lineaGRIS