Información

O PSDEG DENUNCIA ANTE A XUNTA ELECTORAL OS ANUNCIOS DE CAMPAÑA DO PP PUBLICADOS NA PRENSA DE HOXE

Información
XornalGalicia 08 Septiembre 2016 1340 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O anuncio publicado polo PP é un acto de difusión de propaganda nunha data prohibida pola normativa electoral

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2016. O Partido Socialista de Galicia interpuxo esta mañá unha denuncia ante a Xunta Electoral na que pon de manifesto a vulneración da normativa electoral por parte do PPdeG, pola publicación hoxe en diversos diarios galegos dun anuncio dun acto de campaña programado para este sábado, 10 de setembro. Este anuncio inclúe unha imaxe do candidato da formación popular, co logotipo do PP e coa lenda Esperámoste, xunto coa combinación do nome do candidato coa data do 25-S, na que se celebrarán os comicios autonómicos galegos.

En diversas cabeceiras da prensa galega o partido liderado por Feijóo publica hoxe un faldón de publicidade sobre o acto político previsto para o sábado en Pontevedra. O escrito da denuncia, asinado pola presidenta da xestora socialista, Pilar Cancela, precisa que a Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral establece explicitamente que “desde a convocatoria das eleccións ata o inicio legal da campaña” queda prohibida a realización de publicidade ou propaganda electoral mediante carteis, soportes comerciais ou insercións en prensa, radio ou outros medios dixitais”.

O PSdeG esgrime ademais no seu escrito a Instrución 3/2011 da Xunta Electoral Central, que explica que “durante o período referido, as formacións políticas e as candidaturas non poderán contratar directamente nin a través de terceiro, espazos, soportes ou sitios para a difusión de publicidade ou propaganda electoral”. A devandita instrución aclara que desde a convocatoria das eleccións ata o inicio legal da campaña tampouco se considera permitida “a exhibición de fotos dos candidatos ou de carteis coa denominación, siglas ou símbolos dunha formación política no exterior de domicilios privados”.

Ante os feitos expostos, o PSdeG solicita á Xunta Electoral de Galicia que “ordene a retirada con efectos inmediatos das insercións referidas, mesmo de xeito cautelar, ata o inicio de campaña electoral, impoñéndose a sanción prevista na normativa electoral para este tipo de actuacións”.

Os Socialistas de Galicia consideramos lamentable que unha vez máis o PPdeG e Feijóo en particular actúen á marxe da legalidade vixente, cando con toda seguridade son coñecedores das restricións que sobre a publicidade e propaganda establece a normativa electoral.

lineaGRIS
María vilas: “Ciudadanos pide al Alcalde de Santiago que apueste “de verdad” por una “conciliación Real”

Ciudadanos ha presentado una moción al Alcalde solicitando mejoras en el plan de Conciliación Familiar municipal “Escolas de Verán”.

Ciudadanos Cs A Coruña denuncia la dejadez de funciones de gobierno de la ciudad

Miguel Ángel Rosende: “La dejadez de funciones del gobierno de Xulio Ferreiro, se plasma día a día en La Coruña” strong> A Coruña, viernes 11 de Mayo [ ... ]

Partidos Políticos Registrados.- Elecciones municipales de España de 2019 se celebrarán en toda España el próximo 26 de mayo de 2019

Las elecciones municipales de España de 2019 se celebrarán en toda España el próximo 26 de mayo de 2019, haciéndolas coincidir con las elecciones al Parlam [ ... ]

GONZALO CABALLERO DESTACA “OS AVANCES” QUE OS GOBERNOS SOCIALISTAS IMPULSARON EN LUGO FRONTE AOS “INCUMPRIMENTOS” E AO “DESPREZO” DO PP ...
GONZALO CABALLERO DESTACA “OS AVANCES” QUE OS GOBERNOS SOCIALISTAS IMPULSARON EN LUGO FRONTE AOS “INCUMPRIMENTOS” E AO “DESPREZO” DO PP

O secretario xeral do PSdeG critica “a política de botafumeiro, de anuncios gratuítos” de Feijóo e o ministro de Fomento, que “non permite avances para [ ... ]

lineaGRIS