Información
Elecciones municipales de Galicia

Unha candidatura pensada para xente da provincia de Ourense

Información
12 Agosto 2016 2112 votos

presentacion somos quen 12.08.2016“Somos Quen” presentamos a candidatura as primarias de EnMarea pola provincia de Ourense.

Xente de diversa procedencia pensamos que podemos aportar moito o proxecto de EnMarea en clave de país e frear deste xeito as políticas destructivas de Feijoo.

Somos conscientes de que despois de oito anos do goberno do PP, outros catro poderían levar a Galiza a unha situación de dificil recuperación. Isto anímanos a presentarnos dende distintas comarcas da provincia de Ourense cunha candidatura da xente.

As nefastas políticas que o Partido Popular ten imposto ás nosas xentes deben rematar e pensamos que somos quen de recuperar o noso país, as nosas cidades e o noso rural. Recuperar a sanidade, os servizos sociais e o ensino. Recuperar o noso rural e poñelo en producción. Facer xustiza coas preferentes e coa estafa da débeda. E tantas e tantas cousas que temos sofrido pola nefasta xestión do PP de Feijoo.

E por iso presentamos este ilusionante proxecto formado por persoas como Davide de Manzaneda que ven avalado pola súa traxectoria que rematou cun despoboamento brutal nunha comarca de alta montaña do interior ourensán onde se está medrando en poboación, servizos, e creándose emprego a un ritmo superior as magnitudes socioeconómicas galegas. Persoas como Eva Gutiérrez de Ourense que liderou a consecución dun centro para persoas con diversidade funcional en Ourense. A experiencia de XM Pérez Bouza no ámbito institucional ou a presenza de Manuela Pérez que forma parte da candidatura cidadá que máis apoio obtivo na provincia de Ourense: Xinzo Adiante. Tamén acompañan a nosa lista Jorge Lorenzo de Laza, traballador da sanidade pública, María Conde de Ourense, sindicalista e activista do movemento feminista da nosa cidade que co avogado celanovés Alfonso Grande e Silvia Cuesta, monitora, e provinte da comarca de Valdeorras.

Gostaríamos de transmitir toda a ilusión que se percibe neste proxecto e poder trasmitilo á sociedade.

Lista “Somos quen” para gañar Ourense:

1. David "de Manzaneda" Rodríguez Estévez

2. María Eva Gutiérrez Fernández

3. Xosé Manuel Pérez Bouza

4. Manuela Pérez Pérez

5. Jorge Lorenzo Vila

6. María José Conde Seguín

7. Alfonso Grande Pérez

8. Silvia Cuesta González

Ourense, 12 de agosto de 2016