|
| | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
|
|
 |
 |
|
|
|
 |
| |
|
Esixe das consellerías de Industria, Medio Ambiente e Sanidade que non autoricen a entrada e/ou tratamento de refugallos radiactivos en Galiza. Fernando Blanco, sinala que en ningún caso o Goberno galego permitirá a queima en Galiza de residuos procedentes de centrais nucleares.
|
|
Segundo fontes do BNG de Cerceda, FENOSA tiña previsto queimar nas súas instalacións de Meirama unha cantidade indeterminada de palés “radiactivos”, que transformados en serrín, proviñan do desmantelamento da Central Nuclear de Zorita. Os palés serían traslados dende a planta de Guadalaxara até Cerceda nun transporte especial para o que FENOSA ten autorización até o 31 de decembro deste ano. O material trasladado está cualificado pola propia empresa como “pouco contaminante e de baixa radioactividade” e a cantidade a queimar oscila entre as 15 e as 40 Tm.
ADEGA esixe ás consellerías de Industria e Medio Ambiente que non autoricen estas queimas e fagan valer o acordo d Parlamento Galego que, en setembro de 2006, aprobou coa unanimidade dos tres grupos, unha proposición non de Lei do BNG que declarou Galiza como TERRITORIO DESNUCLEARIZADO. Isto implica que no noso país non se poden construir centrais nucleares, nin cemiterios de refugallos –eufemísticamente chamados Almacéns Temporais Centralizados-, así como permitir o trafego polo noso mar e aire de transportes con refugallos radiactivos ou armamento nuclear.
Alén disto, e ainda que os refugallos non tiveran actividade radiactiva, ADEGA lembra que en aplicación do Principio de Proximidade, estes deberían tratarse nas áreas máis próximas a onde se xeneran.
Sexa como sexa, ADEGA esixa das administracións competentes que impidan a incineración de calquera residuo radioactivo, sexa cal sexa o seu grao de actividade. Cómpre lembrar que a incineración non elimina a radioactividade dos materiais, senón que só produce cambios físico-químicos que mesmo contribíuen a espallar por unha maior área do territorio os elementos radiactivos presentes nos refugallos.
Finalmente, ADEGA quere outra volta expresar o seu total apoio e solidariedade cos veciños de Cerceda e cos traballadores da central de Meirama que levan anos aturando as chuvias de carbón, de folerpas ácidas e agora chuvia radiactiva, debido á actitude antiecolóxica, insolidaria e prepotente de Unión Fenosa.
Se en 1973 a cidadanía galega conqueriu rexeitar a instalación dunha central nuclear en Xove, e logo das grandes mobilizacións dos anos 1981 e 1982 contra os vertidos radiactivos na foxa atlántica, ADEGA non vai permitir agora a queima, procesamento ou almacenamento de ningún tipo de refugallos radioactivos en Galiza.
As reaccións dende a Xunta de Galicia non se deixaron esperar, así o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, sinala que en ningún caso o Goberno galego permitirá a queima en Galiza de residuos procedentes de centrais nucleares.
Tendo coñecemento dunha posible queima de palés procedentes da central nuclear de Zorita na central térmica de Meirama, a Consellaría de Innovación e Industria trasladoulle de inmediato á empresa Unión Fenosa o posicionamento contrario da Xunta a esta queima.
Neste momento, a Consellaría de Innovación ten o compromiso de Unión Fenosa de que o traslado dos devanditos palés está suspendido e de que non queimará en Galiza os residuos procedentes de Zorita.
Suscríbete a las noticias del Mar y la Pesca en tu entorno:
Suscríbete a las noticias de Galicia en tu entorno:
Buscador y Directorio Xornal Galicia
|
Xornal
Galicia | Diario Dixital de Galicia | Toda la Información
noticias y Actualidad las 24 horas Grupo Indice de Comunicación con presencia en más de 40 paises y 24 idiomas, Noticias, actualidad, directorios, buscadores, entretenimiento todo lo que necesitas de la red Recordar este sitio · · Concellos de Galicia · ¿ Titulares ?
Del Mundo
Enviar esta noticia a:

¿ Que e esto ?
Noticias directas en tu Web o en tu Móvil
|
|
|
|
 |
| |
|