O Concello de Lugo vén de reparar a biga que simboliza un carro romano situada ao fondo da Praza Maior, unhas actuacións que realizou o Consello do Ferro por mor do mal uso desta figura, ao que soamente se poden subir os máis cativos. Os traballos consistiron en endereitar as barras existentes e engadir unha máis, o que contribuirá á resistencia desta obra lúdico-escultórica. Ademais, procedeuse ao cambio dos resortes e a reencher os estribos, un reforzo armonioso co resto da figura.

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, recibiu no Salón de Plenos a un grupo de 40 alumnos da materia de Socioloxía Urbana e Ordenación do Territorio do Grao de Socioloxía da Universidade da Coruña, que viñan acompañados por un profesor e dun equipo de arquitectos, e que realizaron unha visita urbanística por Lugo. Trátase dun achegamento á cidade para que os alumnos estuden o tecido urbano así como a distribución de actividades ou os diferentes tipos de espazo, físicos ou simbólicos.

O Concello de Lugo xa comezou cos preparativos do San Froilán 2016. Tras manter a primeira reunión da Comisión de Festas o pasado 23 de marzo, a entidade local abriu unha votación popular para escoller os xéneros musicais que formarán parte do programa destes festexos. Pódese seleccionar entre 15 variedades, blues, country, jazz, ritmos latinos, música folk e tradicional, heavy metal e punk, hip hop, pop, reggae, rock, rumba e tecno. Ademais os interesados poden suxerir outro xénero.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou este xoves a campaña Móvete por Lugo #Ti Decides, a través da que os lucenses participarán de maneira directa no deseño do novo mapa de liñas dos buses urbanos e na mellora do servizo. “A cidade facémola entre todos”. Así resume a rexedora o espírito co que nace esta nova iniciativa do Concello, que quere “un transporte público de viaxeiros moderno, eficiente e adaptado á realidade social e económica da nosa cidade para facelo máis accesible aos lucenses, pero tamén aos visitantes. Que mellor maneira de conseguilo que contando coa opinión, propostas e suxestións dos veciños e veciñas, tanto dos que son usuarios do bus urbano, como dos que de momento non o utilizan, sobre os percorridos, as paradas e as melloras que precisa o servizo”, asegurou Méndez.

Información
Lugo

Lugo conmemora o 85 aniversario da II República Española

Información
14 Abril 2016 5156 votos

O Concello de Lugo celebrou este mércores, 14 de abril, o 85 aniversario da II República Española. Fíxoo cunha ofrenda floral e a lectura dun manifesto na Praza da Soidade, en fronte do monolito que rende homenaxe á República, actos aos que asistiron diversos membros da Corporación Municipal, presidida pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, quen foi a encargada de dar voz ao manifesto conmemorativo.

O Concello de Lugo ten executados o 80% dos proxectos dos Orzamentos Participativos. Así o anunciou este martes a Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, quen avanzou que foron executados 46 dos 59 proxectos, sendo o importe máximo final 496.800 dos 500.000 euros orzamentados, quedando como remanentes 3.200 euros dispoñibles para outras actuacións do Concello. 

Información
Lugo

Lugo, consternado polo crime da moza lucense Tatiana Vázquez

Información
11 Abril 2016 4041 votos

A Corporación Municipal, presidida pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, gardou un minuto de silencio na Praza Maior, diante da Casa Consistorial, como mostra de condena polo crime da moza Tatiana V.A. No acto, que convocou o Concello en apoio e solidariedade coa familia e amigos da rapaza, tamén participou o presidente da Deputación, Darío Campos, o Subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, e o Alcalde de Castro de Rei, de onde era orixinaria a vítima, Francisco Balado, entre outras autoridades; así como diversos veciños e veciñas que quixeron mostrar a súa repulsa a este vil asasinato.

Información
Lugo

O Arde Lvcvs aspira a ser unha das 7 mellores festas de España

Información
04 Abril 2016 3714 votos

Un concurso a nivel nacional permite votar online por este festexo de recreación hsitórica. Actualmente, con preto de 700 festas competindo, o Arde Lvcvs está na terceira posición

O prazo para as votacións estará aberto ata o 31 de decembro e todos os usuarios poderán votar a través da web www.las7mejores.com

O XXII Festival de Teatro Universitario presentará en Lugo do 8 ao 19 de abril catro montaxes doutras tantas compañías universitarias, así como dous micro proxectos artísticos desenvolvidos polos actores latinoamericanos Pâmela Fogaça e Raymundo Rangel, así como pola madrileña Ángela Beltrán. Un relatorio sobre a dramaturxia de García Lorca, a cargo do director do Instituto de Teatro de Madrid, Javier Huerta Calvo, e un concerto sobre a música na vida deste xenial autor granadino, a cargo de Samuel Díaz, reforzan a programación desta nova edición do festival de teatro universitario, un certame que por vez primeira ofrece pases específicos para o estudantado de ensinanzas medias, ademais de ensaios e obradoiros de adestramento actoral abertos ao público interesado.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!