Información

Lugo, consternado polo crime da moza lucense Tatiana Vázquez

Información
XornalGalicia 11 Abril 2016 3520 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Corporación Municipal, presidida pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, gardou un minuto de silencio na Praza Maior, diante da Casa Consistorial, como mostra de condena polo crime da moza Tatiana V.A. No acto, que convocou o Concello en apoio e solidariedade coa familia e amigos da rapaza, tamén participou o presidente da Deputación, Darío Campos, o Subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, e o Alcalde de Castro de Rei, de onde era orixinaria a vítima, Francisco Balado, entre outras autoridades; así como diversos veciños e veciñas que quixeron mostrar a súa repulsa a este vil asasinato.

O Concello decretou o loito oficial o pasado sábado durante tres días, xornadas nas que as bandeiras das instalacións municipais ondean a media hasta

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi