Información
Lugo

A IX Liga de Piragüismo reune a máis de 200 padexeiros en cada unha das súas 6 regatas

Información
15 Marzo 2019 200 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
liga piragüismo
- Nas probas participarán padexeiros de todas as categorías, desde prebenxamín ata veterano, nas modalidades de K-1 e C-1, tanto femininas como masculinas, terán 3 distancias para adaptarse as diferentes categorías: 1.500, 3.000 e 5.000 metros
- A Liga comezará en Lugo o 1 de maio e rematará en Foz o 7 de setembro. Haberá un total de 6 probas, organizadas por cada un dos clubs participantes, serán en Lugo, San Cibrao (Cervo), Ribadeo, Viveiro e Foz

Presentaron este xoves a IX Liga Provincial de Piragüismo, que terá lugar en Lugo, San Cibrao (Cervo), Ribadeo, Viveiro e Foz, posto que cada regata estará organizada por un dos seis clubs participantes na Liga.

Esta novena edición comezará o día 1 de maio, coa regata organizada polo Club de Piragüismo Cidade de Lugo e rematará en Foz o 7 de setembro coa proba organizada polo Club Kayak. En cada cita competirán máis de 200 padexeiros de todas as categorías, desde prebenxamíns a veteráns nas modalidades individuais de Kayak e Canoa (K-1 e C-1) tanto femininas como masculinas.

Rivera Capón subliñou que “esperamos aumentar o número de participantes nas regatas grazas ao traballo de promoción en colexios e nas actividades de verán levadas a cabo polos clubs”. A Liga é unha cita importante, pois supón unha forma de consolidación das categorías base dos equipos, posibilitando que poidan competir e mellorar ao longo da tempada. Ademais, nas anteriores edicións competiron varios padexeiros que tamén participaron en competicións nacionais e incluso internacionais.

Desenvolvemento das probas
As regatas disputaranse con tres distancias, adaptándose ás categorías, así os prebenxamíns, benxamíns e alevíns percorrerán 1.500 metros, a proba de infantil terá  3.000 metros e o resto das categorías (cadete, xuvenil, sénior e veterano) realizarán unha proba de 5.000 metros. O calendario será o seguinte:

-    1 de maio de 2019:    Lugo. Club de Piragüismo Cidade de Lugo.
-    16 de xuño de 2019:    Lugo. Club Fluvial de Lugo.
-    23 de xuño de 2019:    San Cibrao, Cervo. CD San Ciprián.
-    13 de xullo de 2019:    Ribadeo. CP Altruán.
-    18 de agosto de 2019: Viveiro. Club Piragüismo Viveiro.
-    7 de setembro de 2019: Foz. Club Kayak Foz.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

El próximo sábado 27 de Abril de 2019 a las 15.00 horas arrancará...

Preto de 20 colectivos galegos responderon ao chamado da...

lineaazul 1600