Información
Lugo

900 atletas abalan a Copa Deputación como unha das grandes citas do atletismo lugués

Información
29 Enero 2019 186 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Copa Deputación de Atletismo
As marcas acadadas durante as probas serán validadas no ránking Galego e Nacional como marcas mínimas para a participación noutros campionatos

Nas dúas primeiras xornadas da competición participaron atletas de toda a provincia, así como doutras cidades galegas como Ourense ou Ferrol, a Coruña, Vigo ou Vilagarcía

O vindeiro 2 de febreiro celebrarase a derradeira das xornadas da Copa, unha nova oportunidade para que atletas de diversas categorías consigan as súas marcas

Preto de 900 atletas federados participaron nas dúas primeiras xornadas da Copa Deputación de Atletismo, trátase dunha competición enmarcada dentro do calendario oficial da Federación Galega de Atletismo, na que poden participar atletas galegos e de calquera outra comunidade con licenza en vigor da Federación Española de Atletismo. As marcas acadadas durante as probas serán validadas no ránking Galego e Nacional como marcas mínimas para a participación noutros campionatos, tanto nacionais como internacionais. O Executivo Provincial fai unha achega de 6.000 para a organización desta cita, facendo posible por noveno ano a súa celebración.

A Copa Deputación aséntase na súa IX edición como unha cita consolidada do atletismo galego, grazas a participación de deportistas de toda a provincia, así como doutras cidades de Galicia, como Ourense ou Ferrol, a Coruña, Vigo ou Vilagarcía.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...

El 22 de febrero, Lume de Biqueira, la banda de gaitas...

A Marinha realiza no próximo dia 19 de fevereiro, na Esquadrilha...

O secretario Xeral da CIG, Paulo Carril, compareceu esta mañá...