Información
Lugo

64 operarios, 32 máquinas acondicionan as vías por xeo

Información
07 Enero 2019 154 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Incidencias nas vías provinciais

O Goberno da Deputación mantén activado o Plan de Emerxencia para facer fronte ás acumulacións de xeo, rexistradas esta madrugada na rede viaria provincial, sobre todo nas estradas da Montaña lucense. Un total de 64 operarios e 32 máquinas acondicionaron as estradas provinciais en 35 Concellos, nas que se distribuiron 800 toneladas de sal.

 

Arestora, todas as estradas están abertas ao tráfico, e actuaronse practicamente en todas as estradas da Montaña. O Goberno da Deputación manterá o dispositivo activado pois a previsión é que continúe as baixas temperaturas ao longo destes días. A este continxente uniranse tamén se fose preciso os medios dispoñibles do Parque Móbil para garantir a seguridade da rede viaria provincial.  

35 Concellos

Os Concellos nos que se actuou foron: Becerreá, Begonte, Carballedo, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Cospeito, Chantada, O Caurel, Cervantes, A Fonsagrada, Friol, Xermade, Guitiríz, Guntín, O Incio, Lugo, Mondoñedo, Muras, Navia de suarna, Negueira de Muñiz , As Nogais, Ourol, Outeiro de Rei, O Páramo, Pedrafita do Cebreiro, A Pobra Brollón, A Pontenova, O Saviñao, Quiroga, Riribeira de Piquín, Samos, Ribas de Sil, Triacastela e Taboada.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...