Información
Lugo

A Deputación de Lugo "regalalle 4.700 euros públicos" aos Amigos dos Cruceiros, Cruces de Pedra e Petos de Ánimas

Información
03 Diciembre 2018 262 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Asociación de Amigos dos Cruceiros

 O Executivo Provincial renovou o seu compromiso coa Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de Pedra e Petos de Ánimas, coa sinatura dun convenio polo que o colectivo recibiu unha achega de 4.700 euros, coa que continuar realizando estudos e investigacións sobre os cruceiros. Os resultados desta análise, son achegados ao público polos expertos cada ano a través do Congreso Galego de Cruceiros de Galicia.

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e o Presidente da Asociación, Fernando Arribas Arias asinaron este luns a renovación do convenio. García Porto subliñou que “a Asociación de Amigos dos Cruceiros é o único colectivo de España que revisa información sobre cruceiros e continúa a investigar e a renovar os coñecementos que temos sobre estes monumentos, tan vencellados á cultura e á identidade galega. Hai que destacar, ademais, que grazas á Deputación, que financiou os 5 últimos encontros, aumentou o pulo investigador neste eido en Lugo. Pasamos de ser unha provincia pouco coñecida a ser un territorio referente”.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

O secretario Xeral da CIG, Paulo Carril, compareceu esta mañá...

O Polígono Industrial de Bértoa acolle o domingo 17 de febreiro,...

O Executivo Provincial achega preto de 6.000 euros para promover...

El Instituto Cervantes celebrará el próximo lunes, 18 de febrero...