Información
Lugo

Arde Lvcvs, candidato ao premio Del viajar 2018

Información
01 Diciembre 2018 267 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O Arde Lvcvs vén de ser nominado ao premio Del viajar 2018, que concede a páxina web gastronómica e turística La Alacena Roja con motivo do seu quinto aniversario.  

 

A elección do ou da gañadora desta categoría realizarase mediante a votación online a través da web, a partir dunha candidatura proposta polo equipo de edición da revista, en función da traxectoria e méritos de cada unha das propostas. O prazo de votación está aberto ata o día 5 de decembro. Os premios Del viajar están en terceira posición, polo que para votar por esta festa de recreación histórica, declarada de Interese Turístico Nacional, deberase votar primeiro as dúas pantallas iniciais (comer e beber).

Xunto co Arde Lvcvs, compiten na categoría de viaxes o aloxamento A Torre do Río, o Castelo de Soutomaior e o Programa Español de Vías Verdes. A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, convidou a todo Lugo a votar por esta festa de recreación, á que cada ano asisten máis visitantes.

Os gañadores daranse a coñecer o 10 de decembro nun acto que terá lugar en A Quinta da Auga, en Santiago de Compostela, a partir das 19:30 horas.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

O Polígono Industrial de Bértoa acolle o domingo 17 de febreiro,...

O Executivo Provincial achega preto de 6.000 euros para promover...

El Instituto Cervantes celebrará el próximo lunes, 18 de febrero...

Encontro feminista de alcaldesas, tenentes de Alcaldía, concelleiras,...