Información
Lugo

Instalan no Paseo do Río Rato paneis con información sobre os animais e plantas da Reserva da Biosfera

Información
05 Noviembre 2018 92 votos

O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, informou este sábado que o Executivo da Deputación está a instalar no Paseo do Río Rato paneis informativos sobre os animais e plantas da Reserva da Biosfera. Así o avanzou durante o transcorrer da ruta cardiosaudable polo paseo do Rio Rato, na que tamén participaron a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, e veciños da Federación de Asociacións de Veciños, realizaron este sábado unha.

Trátase dunha iniciativa coa que Deputación, Concello e Federación buscan poñer en valor este espazo verde ao pé da cidade de Lugo, e impulsar actividades lúdicas e deportivas coas que promover entre a cidadanía hábitos de vida saudables.

Santos Ramos explicou que arestora, o Executivo da Deputación está a renovar os paneis informativos do Paseo, no que se instalarán un total de 11 carteis con información sobre a flora e a fauna propios da reserva da biosfera. Ademais, Santos Ramos puxo as melloras executadas na estrada ao pé do paseo, que soporta unha grande número tráfico, e avanzou que están a rematar xa os traballos da instalación do novo sistema de iluminación.   

O Voceiro do Goberno provincial destacou que “o paseo do Río Rato é un dos pulmóns de Lugo, un enclave natural único que permite conectar coa natureza a escasos minutos da cidade da muralla. Trátase dun espazo público que conta con gran afluencia de veciños que veñen a pasear e a facer deporte, pois é un paseo único”.

Lara Méndez subliñou que “nunha sociedade envellecida, tal e como acontece tanto no Concello de Lugo, onde mais do 20% da poboación é maior de 65 anos, como na provincia, este tipo de actividades axudan a impulsar, e moito, modelos e hábitos de vida non sedentarios”. Deste xeito, a Rexedora Municipal manifestou a aposta do Concello polo envellecemento activo, capaz de contribuír a mellorar o benestar e a calidade de vida dos veciños e veciñas, e máis aínda dos maiores.

Jesús Vázquez agradeceu a colaboración do organismo provincial e do Concello de Lugo neste tipo de iniciativa, “encamiñadas a mellorar a saúde dos veciños da provincia, nun entorno natural e preto á cidade”.

Camiñata Cardiosaudable
Ás 11:00 horas arrancou a Ruta cardiosaudable polo Río Rato: Fronte a Casa Paco. Ao comezo, a Federación Veciñal fixo entrega aos participantes de camisetas. A Ruta contou cunha extensión de entre 3.5 e 4 quilómetros, que corresponden ao treito do cinto verde entre a Tolda e a Estrada da Fonsagrada. Durante a xornada, que tivo unha duración aproximada de 50 minutos, os participantes estiveron acompañados por monitores. Tamén se contou coa presenza de membros de Protección Civil para garantir a seguridade durante a xornada.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi