Información
Lugo

Constituído o Consello Provincial de Turismo de Lugo para competir con Turismo da Xunta

Información
18 Octubre 2018 418 votos
Constitución do Consello Provincial de Turismo

O Goberno da Deputación celebrou este mércores a sesión de constitutiva do Consello Provincial de Turismo, sendo os seus representantes anotados para cobrar dietas, asistencias e outros pluses con cargo aos fondos públicos que se suman aos da Xunta de Galicia polas mesmas xestións públicas:

 

- Darío Campos Conde, Presidente do Consello Provincial de Turismo.
- Eduardo Vidal Baamonde, Vicepresidente.
- Manuel Castiñeira Castiñeira, Secretario.
- Pilar García Porto e Sonsoles López Izquierdo polo Grupo Provincial do PSOE.
- Juan Carlos Armesto e José Demetrio Salgueiro polo Grupo Provincial do PP.
- Antonio Veiga Outeiro polo Grupo Provincial do BNG.
- Alfredo Llano García da Mancomunidade de Municipios da Mariña.   
- Luís Fernández Gutián do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.
- Jesús Varela Zapata do Vicerreitorado da USC do Campus de Lugo.
- José Francisco Real Castro do Clúster de Turismo de Galicia.
- Ángel Trabada da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na Provincia de Lugo.
- Jacobo García-Boadilla da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo.
- José María Seijas da Federación Galega de Comercio.
- Mónica Díaz Jublín da Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia.
- Santiago Villanueva Falque da Asociación Galega de Propiedade Balnearia.
- María Nuria Neira Vila de Auxilia.
- Mercedes Lamela López da Área de Turismo da Deputación.
- Juan Antonio Ribadulla da Asociación Galega de Axencia de Viaxes-AGAVI-.
- Cesáreo González Pardal da Federación Galega de Turismo Rural –FEGATUR-.

Non confirmaron polo momento representantes a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación de Consumidores e Usuarios da Provincia de Lugo.  

Nomeamento dun reputado experto no sector
O Consello de Turismo acordou o nomeamento de Miguel Pazos Otón, Director do Centro de Estudos de Investigación Turísticas (CETUR) da Universidade de Santiago de Compostela, como membro experto do Consello. Trátase dun reputado profesional do ámbito da investigación turística no país. Forma parte do Consello de Turismo de Galicia e do Consello de Turismo de Santiago de Compostela.

A posta en marcha do Consello Provincial de Turismo é unha das medidas definidas ao abeiro do Plan Estratéxico de Turismo na Provincia de Lugo (2017-2020), pois establece a constitución de estruturas de xestión de carácter multidisciplinar e participativas que promovan accións en impulso da marca turística Lugo.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi