Información
Lugo

A Asociación Axuda ao Enfermo Mental, atende a 89 veciños no Norte de Lugo

Información
12 Octubre 2018 177 votos
Veciños da Mariña o Día Mundial da Saúde Mental
O Presidente mantivo un encontro con familias da Asociación Axuda ao Enfermo Mental, que atende a 89 veciños cunha axuda do Goberno Provincial de 55.000 euros

Na xuntanza, presentouse unha nova edición da revista Agarimo, que cumpre 15 anos, feita por rapaces deste colectivo tamén co apoio económico do Executivo da Deputación

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, mantivo este mércores un encontro con familiares da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental na Mariña con motivo do Día Mundial da Saúde Mental, que se conmemora hoxe, 10 de outubro. Son 89 os veciños de todos os Concellos desta Comarca os que atende dita asociación con axuda do Goberno Provincial, pois destinou a este fin máis de 55.000 euros. Estes fondos permitiron construír un novo centro de día en Burela e o desenvolvemento de pioneiras terapias e actividades nas instalacións en Cervo. Foi neste último municipio, no que tivo lugar esta xuntanza, na que se presentou a nova edición da revista Agarimo. Esta publicación, que xa cumpre 15 anos, foi elaborada por rapaces da asociación e tamén contou co apoio económico do Executivo da Deputación para a súa impresión.  

A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña ofrece atención profesional a 89 veciños en 3 centros: no de Burela, que atende a 25 usuarios; Ribadeo, 20 e no de Cervo, que conta con 25 usuarios. Os 19 restantes reciben atención domiciliaria. É o único colectivo na Comarca mariñá que ofrece atención especializada. Recíbena veciños do Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros, Ribadeo, Ourol, Alfoz, O Valadouro, Lourenzá, Mondoñedo, Riotorto, A Pontenova e Trabada.

Pioneiras terapias en Cervo

O Goberno da Deputación fixo posible a construción, na sede da asociación en Cervo, de dous invernadoiros onde se ofrecen pioneiras terapias de desenvolvemento persoal e laboral ao abeiro dun programa que leva por nome Capacitando. Estas instalacións son empregadas para levar a cabo obradoiros de formación e prácticas reais sobre agricultura e floricultura ecolóxica. Aprender un oficio para facilitar a inserción laboral e contribuír aos desenvolvemento persoal son os principais obxectivos destas innovadoras terapias, que xa se aplican con éxito noutros países. Os traballos, que contaron co único apoio económico da Deputación, consistiron na instalación do sistema de suxeición, ventilación e cuberta con aceiro, así como a dotación do sistema de rego, dun depósito de auga de 500 litros e unha porta que da acceso á instalación.

Novo centro de día en Burela

O Goberno Provincial dotou dun novo centro de día a este colectivo en Burela. Fíxoo cunha axuda de 40.000 euros. Este fondos permitiron contar cun local máis céntrico, pois situase ao lado da estación de autobuses e tren, en planta baixa, con baño adaptado e sen ningún tipo de barreira arquitectónica. A maiores, o Executivo da Deputación achega anualmente outros 12.000 euros para o funcionamento deste centro.

Repercusión das enfermidades mentais

En España, calcúlase que ao redor do 3% da poboación, é dicir, preto dun millón de persoas, teñen algún problema de saúde mental, como esquizofrenia ou trastornos bipolares; e que hai cerca de 9 millóns de persoas que, potencialmente, poden sufrir unha estas doenzas. Son enfermidades que afectan a todas as idades, pois entre o 10 e o 20% dos nenos teñen problemas de saúde mental. A Organización Mundial da Saúde prevé que no 2030 este tipo de enfermidades sexan a primeira causa de discapacidade.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....