Información
Lugo

Centos de persoas visitan Lourenzá durante a Festa da Faba

Información
08 Octubre 2018 217 votos
 
Festa da Faba 2018
O Presidente e a Alcaldesa de Lourenzá participaron este sábado na XXVIII Edición da Festa da Faba de Lourenzá, coa que colabora o organismo provincial.

Campos Conde avanzou que o Goberno contribúe á promoción da faba de Lourenzá no marco do Plan Estratéxico de Turismo, como factor de singularidade turística, capaz de atraer visitantes e xerar riqueza na provincia

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, participaron este sábado na XXVIII Edición da Festa da Faba de Lourenzá, un produto de primeira categoría e que conta con IXP, e coa que colabora o organismo provincial.

Campos Conde avanzou que o Goberno da Deputación contribúe á promoción da faba de Lourenzá no marco do seu Plan Estratéxico de Turismo da provincia, como un factor de singularidade turística, capaz de atraer visitantes e xerar riqueza na provincia.

O Presidente remarcou a importancia da celebración deste tipo de eventos na Comarca da Mariña Lucense, xa que contribúen de xeito decidido a incentivar ás Comarcas e as nosas vilas. Ademais subliñou que a faba de Lourenzá conta co distintivo de IXP (Indicación Xeográfica Protexida), unha indicativo que da conta da súa calidade e do seu prestixio.

Un produto de primeira calidade con IXP
A faba de Lourenzá, conta con IXP (Indicación Xeográfica Protexida), está considerada entre as de maior calidade de todas cantas se producen na Península Ibérica. Esta legume conta cunha peculiaridade que é a de absorber o sabor como ningunha, ademais, unha vez cociñada, queda cremosa e suave como poucas. Son de gran tamaño, entre 19 e 26 mm., e cun peso entre 0,8 g. e 1,2 g. por unidade.

A semente, deste produto de primeira calidade, realizase entre os meses de maio e xuño, con semente certificada e a recolección realízase desde finais de agosto a finais de novembro, aínda que se poden atopar nos mercados durante todo o ano.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....