Información
Lugo

A Excusa, Garrafón.com, Airiños de Orbazai, Os Festicultores e Louband amenizarán as rúas de Lugo.

Información
05 Octubre 2018 1319 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Lugo goza do día do patrón con diversidade musical e un espectáculo piromusical

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este venres a tradicional ofrenda floral da Corporación Municipal ao patrón de Lugo, San Froilán, nun acto que tivo lugar a partir das 12:00 horas. Previamente, a rexedora, quen lle feliciou as festas aos veciños e veciñas e os convidou a disfrutar dos espectáculos e de facer cidade nas rúas, acompañada por distintos concelleiros e concelleiras, desprazáronse en comitiva, xunto aos Campeiros de San Xoán do Campo, dende a Casa Consistorial ata a Catedral.

 

Ao longo da tarde, as chrangas A Excusa, Garrafón.com, Airiños de Orbazai, Os Festicultores e Louband amenizarán as rúas de Lugo. A Praza Maior acollerá unha verbena d`antes, a Horta do Seminario, o concerto de LA MODA, a de Santa María un espazo hip hop e a de Santa María, o concerto de Zenet. Un espectáculo piromusical e videomaping será o encargado de darlle luminosidade ao día do San Froilán.

Mañá sábado, Día de Ferrol, o Concello ten preparados os pasarrúas de Antaruxas e Sorteiros, Son do Miño, Fábrica de Sons, West Side Bones, Arrincadeira Folk e Treboada. A noite estará nas mans de Hombres G, Javiera Mena, a orquestra La Favorita e os Djs de Galician Army, Manu Chady, Frisco & Marcos Peón.

Máis información en www.sanfroilan.info

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

El próximo sábado 27 de Abril de 2019 a las 15.00 horas arrancará...

Preto de 20 colectivos galegos responderon ao chamado da...

lineaazul 1600